Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia do 15 de febreiro de 1996, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0004981/1994, interposto por Luis Amado Bujía contra resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do 25 de abril de 1994, dictouse sentencia de quince de febreiro de mil novecentos noventa e seis, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia do 15 de febreiro de 1996, que a seguir se transcribe:

«Decidimos que debemos estimar e estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo deducido por Luis Amado Bujía contra resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, do vintecinco de abril de mil novecentos noventa e catro, aprobatorio defi

nitivamente do Plan Especial de Reforma Interior das Lagoas na cidade da Coruña; e, en consecuencia debemos anular e anulamos tal resolución en canto efectúa alteración en dúas zonas verdes do dito ámbito previstas no Plan Xeral de Ordenación Urbana do municipio e a que alude o número duos considerandos desta resolución, ó non estimar nel axustada tal resolución ó ordenamento xurídico, e debemos desestimar e desestimámo-lo recurso nos demais; sen facer pronunciamento respecto ó pagamento das custas devengadas na substanciación deste procedemento, e declarámo-la nulidade de tales actos como contrarios ó ordenamento xurídico».

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda