Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.324

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (121/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 121/2002 por instancia de María Victoria Vázquez Ares contra Instituto Nacional de Empleo y Cablogis, S.L. sobre desemprego nos que recaeu sentencia en data 19-9-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por María Victoria Vázquez Ares contra o Instituto Nacional de Emprego, e contra a empresa Cablogis, S.L. debo declarar e declaro que a base reguladora diaria da prestación de desemprego recoñecida á demandante é a de 31,85 euros/día (5.300 pesetas), condenando o demandado Instituto Nacional de Emprego a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da prestación na contía correspondente conforme a devandita base reguladora. E a empresa codemandada a reintegrar á entidade xestora o importe da prestación recoñecida de conformidade co anteriormente declarado.

Así, por esta miña sentencia contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días a contar desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncia-lo recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Ban

co Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60 a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen ese requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose o mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación a empresa Cablogis, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 30 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado