Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.324

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (268/2001).

Eu, Camilo José García Puertas Magariño, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela,

Fago saber que neste xulgado do social, se segue procedemento nº 268/2001 por instancia de Mónica Cajide Francisco, contra Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia (061) e Raúl Mateos Pérez, sobre outra índole, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o vindeiro día 30 de outubro de 2002 ás 9.50 horas; cítase en única convocatoria, a Raúl Mateos Pérez, que tivo o seu domicilio no Hospital Psiquiátrico de Conxo, Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro ignorado para que con tódolos medios de proba de que tente valerse, compareza neste xulgado, sito en r/ Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírteselle que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está situada ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación e citación a Raúl Mateos Pérez, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado