Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.323

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (137/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña,

Dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 137/2002 a instancia de Converso Agra Lodeiro contra Arena Todo Construcción, S.A., sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 19-9-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda promovida por Converso Agra Lodeiro contra a empresa Arena Todo Construcción, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que aboe ó demandante a cantidade de 2.657,96 euros, por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así por esta a miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días a contar desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente,

se e empresario, exhiba diante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado en el Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60 a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá terse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen ese requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose ó mesmo desistido de non constituirse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primera instancia, o pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación á empresa Arena Todo Construcción, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 27 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado