Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.323

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (450/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 450/2002, seguidos pola instancia de Sonia Acuña Baldomir contra Redicarta Galicia, S.L., Repris La Coruña, S.L., Repris, S.A. y Fogasa sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, na data do 27 de setembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demandada e cualifico como improcedente o despido obxecto deste proceso e condeno solidariamente as empresas Rediscarta Galicia, S.L. e Repris, S.A. a readmitiren inmediatamente a Sonia Acuña Baldomir nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á escolla do empresario, ó aboamento á demandante dunha indemnización de 3.257,49 euros.

A devandita opción deberá exercerse no termo de 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede á readmisión.

Calquera que fose a escolla, condeno así mesmo as empresas demandadas a satisfaceren á demandante os salarios que non teña percibido desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do E.T. e que ata a esta data ascenden á cantidade de 2.969 euros.

E debo absolver e absolvo o Fogasa das pretensións da demanda, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria ó abeiro do artigo 33 do E.T.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita resolución, cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse

perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se for o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá tamén acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Rediscarta Galicia, S.L., que tivo o seu último domicilio coñecido en Agra de Bragua, 49, 15010 A Coruña; e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 27 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado