Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.322

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (324/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 324/2002 seguidos por instancia de Germán Cebreiro Carou contra Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., sobre reclamación de cantidades, a maxistrada deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 23-9-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Germán Cebreiro Carou, debo declarar e declaro o dereito do actor a percibi-la cantidade de 404,03 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno á empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L. a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe ó demandante a cantidade de 404,03 euros en concepto de salarios.

E debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que procedese de conformidade co artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndolles saber que contra ela non poden presentar recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na rúa Juan Montes, 32, 15006 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 23 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado