Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.322

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (929/2000).

Nos autos de referencia se dictou a resolución que copiada literalmente é como segue:

«Sentencia.-En Vigo o vintenove de xullo de dous mil dous.

Mercedes Cosmen del Riego, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia de Vigo, vistos os

autos seguidos neste xulgado co número 929/2000, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representado polo procurador Cesáreo Vázquez Ramos e asistido do seu letrado Francisco Javier Pérez Zorelle, contra a herdanza Antonio Extremadura Villar, Germán López Rodríguez, Sonia Mª Extremadura Fernández, representados pola procuradora María José Santos Zas e asistida do seu letrado Francisco José Vila Blanco.

Decido que desestimando integramente a oposición á execución formulada pola procuradora dos tribunais María José Santos Zas, en nome e representación de Germán López Rodríguez, Sonia Mª Extremadura Fernández, contra a demanda executiva presentada contra eles polo procurador dos tribunais Cesáreo Vázquez Ramos, en nome e representación da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., que estimo integramente, debo mandar e mando segui-la execución adiante ata facer cumprido pagamento ó executante da cantidade de 1.391.069 ptas.

As custas impóñense ós executados que formulan oposición Germán López Rodríguez, Sonia Mª Extremadura Fernández».

Contra esta resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra».

E para que sirva de notificación en forma á herdanza xacente e herdeiros de Antonio Extremadura Villar, en paradoiro descoñecido, expido e asino este dicto en Vigo o catro de setembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado