Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (103/2002).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2002.

Jorge Ginés Cid Carballo, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Santiago de Compostela, vistos estes autos de xuízo de procedemento ordinario, seguidos co número 103/2002, por instancia de L. Vilela Puga, S.L., representado pola procuradora María Pérez Otero e asistida polo letrado José M. Roibas Vázquez, contra a entidade Open English International Group, S.A., declarada en rebeldía.

Decido: estimando a demanda interposta pola procuradora María Pérez Otero en nome e representación de L. Vilela Puga, S.L., contra Open English International Group, S.A., debo declarar e declaro que procede o desafiuzamento do local sito na planta baixa do inmoble nº 39 da rúa Doutor Teijeiro desta cidade, apercibindo a demandada de que, se non desaloxar este local no prazo dun mes a partir da notificación da sentencia, se procederá ó seu lanzamento. Así mesmo, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 14.889,28 euros mailas rendas devengadas desde o mes de abril de 2002 ata que se produza o efectivo desaloxo do local, aínda que se deberán desconta-las cantidades satisfeitas pola demandada despois da interposición da demanda. Todo isto con expresa imposición de custas á parte demandada.

Esta sentencia non é firme e contra ela pode interporse recurso de apelación ante a audiencia provincial neste mesmo xulgado, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, por escrito, coa sinatura de letrado e procurador, na forma prevista nos arttigos 457 e seguintes da nova LAC.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentencias.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Open English International Group, S.A., esténdese esta cédula para que sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

O/A secretario/a

Rubricado