Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE LUGO

EDICTO (99/2001).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución:

Sentencia nº 339.

En nome de El-Rei.

Na cidade de Lugo o quince de xullo de dous mil dous, sendo Ana Belén Sánchez González, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Lugo e vistos os precedentes autos de divorcio nº 99/2001, seguidos neste xulgado por instancia da procuradora Sra. Sanjurjo Moure en nome e representación de Santiago Alejandro Prado Fernández coa asistencia da letrada de Mª del Mar Luna Gallego contra Marlene Alonso Bouza, en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando a demanda presentada pola procuradora Sra. Sanjurjo Moure, despois substituída pola procuradora Sra. Rodil Martínez, en nome

e representación de Santiago Alejandro Prado Núñez contra Marlene Alonso Bouza, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado polos litigantes, establecendo como medidas de tal situación, ademais das que se producen por ministerio da lei, as que seguen:

1. Mantense a medida de garda e custodia atribuída ós avós paternos do menor en expediente de xurisdicción voluntaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Lugo nº 347/1995, sen prexuízo da patria potestade compartida de ámbolos proxenitores e do dereito a se relacionar con el exposto no fundamento segundo.

2. Fíxase a cargo do pai en concepto de alimentos para o menor a suma do 15% dos seus ingresos, que deberá aboar mensualmente e os primeiros cinco días de cada mes na conta que para tal efecto designen os avós paternos do menor.

Todo iso sen expresa imposición de custas.

E, para que lle sirva de notificación a Marlen Alonso Bouza, expídese este edicto en Lugo o trinta e un de xullo de dous mil dous.

O/a secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA