Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (509/2000).

Por telo acordado o maxistrado xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña nos autos 509/2000 e acumulados, por instancia de Sonia Mª Doeijo Ventura e outros, contra Isabel Rico, S.L., División Estética Pool, S.L., Mª Isabel Rico Rodríguez, sobre despedimento, en providencia do día de hoxe anúnciase a venda en poxa pública que terá lugar o día 22 de novembro de 2002, ás 9.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sito no primeiro andar do edificio dos xulgados; rúa Monforte nº 1 da Coruña, dos seguintes bens:

Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán cumprir cos seguintes requisitos:

1. Identificarse en forma suficiente.

2. Declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa.

3. Presentar xustificante de que depositaron na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBVA co nº 1532, clave 64, ou de que prestaron aval bancario polo 30 por 100 do valor de taxación dos bens. Se o licitador realiza o depósito con cantidades recibidas en todo ou en parte dun terceiro, farase constar así no xustificante para os efectos do disposto no punto 2 do artigo 652 da LAC.

4. O executante só poderá tomar parte nas poxas cando existan licitadores e pode mellora-las ofertas que se fixesen, sen necesidade de consignar ningunha cantidade.

5. Só o executante poderá facer oferta reservando para si a facultade de lle cede-lo remate a terceiro.

6. Desde o anuncio da poxa ata a súa realización poderanse facer ofertas por escrito en sobre pechado, e coas condicións anteriormente expresadas, que se conservarán pechados polo secretario xudicial e serán abertos ó inicio da poxa. As ofertas que conteñan faranse públicas coas demais.

7. Se a mellor oferta é igual ou superior ó 70% do tipo da poxa, será aprobada polo xulgado no mesmo día ou o seguinte, a favor do mellor licitador.

8. Se a mellor oferta ofrecida na poxa fose inferior ó 70% da valoración e superior ó 50%, se o executado non presentase terceiro que mellore oferta e se o executante non fixese uso da facultade de pedi-la adxudicación dos bens, aprobarase o remate.

9. Que a certificación rexistral está de manifesto na secretaría.

10. Que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación existente (ou que non existen títulos).

11. Que as cargas ou gravames anteriores se os houber, ó crédito do licitador, continuarán subsistentes e que, só polo feito de participar na poxa,

o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles, de o remate se adxudicar ó seu favor.

12. En calquera momento anterior ó da aprobación do remate ou da adxudicación poderá o debedor libera-los seus bens pagando integramente o que se lle deba ó executante por principal, xuros e custas.

Condicións especiais:

Única: non se admitirán ofertas que non alcancen a cantidade de 865,06 euros pola que saen a poxa.

Contra esta providencia non se dá ulterior recurso.

Así o acorda e asina a súa señoría e eu, secretario xudicial, dou fe.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 4 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado