Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.246

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica.

Observado un erro no DOG nº 151, do 7 de agosto de 2002, correspondente á Resolución do 2 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais na Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica, cómpre face-la seguinte rectificación:

Na páxina 12.091, no artigo 52, punto 2.4, onde di: «Toda ausencia ó traballo (total ou parcial) xustificada ou sen xustificar.», debe dicir: «Toda ausencia ó traballo (total ou parcial) xustificada ou sen xustificar, salvo permiso retribuído».