Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.245

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2002 sobre homologación de dous cursos para guías turísticos de Galicia.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, e para os efectos estable

cidos nos artigos 32 e 33 do referido decreto, esta consellería resolve homologa-los seguintes cursos:

* Patrimonio romano da cidade de Lugo, que se desenvolverá en Lugo do 20 ó 22 de novembro cunha duración de 20 horas lectivas (información e inscricións no Servicio Provincial de Turismo. Teléfeno: 982 29 42 23).

* A muller nos distintos ámbitos da sociedade ó longo da historia, que se desenvolverá en Santiago de Compostela do 6 ó 12 de novembro, cunha duración de 25 horas lectivas (información e inscricións na Asociación Profesional de Guías de Galicia. Teléfono: 981 56 98 90).

Os asistentes a ámbolos dous cursos poderán realizar un traballo (de 5 folios como máximo) sobre algún dos aspectos tratados no curso, que se lles validará por 5 horas máis de formación, sempre que o entreguen dentro do prazo de 15 días contados desde o remate do curso e reciban a conformidade do seu coordinador.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo