Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.214

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (345/2002).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 345/2002, seguidos por instancia de Benito Villares López contra a empresa Transportes Peal, S.A., sobre indemnización por danos e perdas, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. En Lugo o vintecatro de setembro de dous mil dous. Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número unn de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal número 345/2002, sobre reclamación por indemnización por danos e perdas, no que son partes, como demandante, Benito Villares López, asistido do letrado Fernando Prazo Gómez e como parte demandada contra a empresa Transportes Peal, S.A., a cal non compareceu malia estar citada en legal forma, decido que, estimando en parte a demanda deducida por Benito Villares López, contra a empresa Transportes Peal, S.A., debo condenar e condeno a última a lle satisfacer á demandante a cantidade de trinta e tres mil euros (33.000 euros) en concepto de responsabilidade civil derivada do sinistro laboral de 09/99. Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, A Coruña,

dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto da condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido coa Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo

legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio da xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo reucurso de suplicación que consignou na conta de depósitos e consignacións nº 2322-60-nº de autos 345/2002, que este xulgado do social ten aberta no Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, r/ da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión en autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 345/2002 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a

denominación do recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpoñe-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así por esta miña sentencia definitiva o pronuncio, mando e asino. Mª de los Ángeles Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, celebrada audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que lle sirva de notificación en forma á empresa Benito Villares López, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Lugo o vintecatro de setembro de dous mil dous.

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA