Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.214

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (302/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifico que, ante esta sección segunda, se segue o rolo de apelación nº 302/2001, no que se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«(Apelación civil).

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída por Jesús Cristín Pérez, presidente, en substitución por vacacións do titular, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense o vintetrés de setembro de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta sección segunda da audiencia provincial, actuando como tribunal civil, os autos de proceso civil de cognición procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Barco de Valdeorras, seguidos co número 163/1997 e 285/2000, acumulados, nos que aparece, como parte apelante Rafael Vega Fernández, representado polo procurador dos tribunais Manuel Baladrón Gómez e asistido polo letrado Ramón Núñez Fernández e, como apelado, José Manuel Pérez Fernández, Teresa Fernández Lerdeira, representados polo procurador dos tribunais José Luis Fernández Fernández e asistidos polo letrado Francisco Quintas González, Aurora Ruiz López, Victoriano Ruiz López, Manuela Ruiz López e Valentín López Ruiz, representados polo procurador dos tribunais Jorge Vega Álvarez e asistidos polo letrado José Díaz Ocampo, Mª Jesús Ruiz Jiménez, en situación procesual de rebeldía, María Trincado López, Aurelia Rodríguez Macia e herdeiros de José Trincado López,

representados polo procurador dos tribunais Jesús Marquina Fernández e asistidos pola letrada Ana María Corzo Rodríguez, Francisco López Fernández, representado polo procurador dos tribunais José Luis Fernández Fernández e asistido polo letrado Francisco Quintas González e os demandados-conformes Manuela Fernández López e herdeiros de José Santos López; sobre acción confesoria de servidume. É maxistrado relator Fernando Alañón Olmedo.

Decido: desestímase o recurso de apelación interposto pola representación procesual do demandante Rafael Vega Fernández, o procurador dos tribunais Manuel Baladrón Gómez, contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Barco de Valdeorras, en autos de proceso civil

de cognición nº 163/1997 e 285/2000, rolo de apelación número 302/2001, de data 5 de abril de 2001, que se confirma, con imposición de custas da alzada á apelante.

Ó notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248 de LOPX.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación ó xulgado de procedencia, para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Jesús Cristín Pérez. Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza. Fernando Alañón Olmedo. Rubricados».

Concorda fielmente co orixinal ó que me remito e para que así conste e sirva de notificación á apelada Mª Jesús Ruiz Jiménez, declarada en rebeldía e ausente en paradoiro ignorado, expido e asino esta cédula, que foi lida e pronunciada en audiencia pública, en Ourense o vintetrés de setembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado