Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2002, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001006/2002-IN interposto por María Pilar Vázquez Sáenz e outros.

A Inspección Xeral de Servicios recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira do

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001006/2002-IN interposto por María Pilar Vázquez Sáenz e outros, sobre acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2002, sobre modificación de relación de postos de traballo de servicios veterinarios oficiais.

En consecuencia, esta inspección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2002.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios