Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de agosto de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala (Rial Vázquez, Alfonso).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra o debedor que se sinala na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor; dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázase o interesado, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 27 de agosto de 2002.

Nazario Villalva

Recadador de zona de A Coruña

ANEXO

Interesado: Rial Váquez, Alfonso.

NIF:

Data dilixencia: 7-8-2002.

Descrición do ben: predio referencia catastral número 2272319NH1227S0001IA.