Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.183

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA EMIGRACIÓN

CONVOCATORIA dunha praza de persoal laboral fixo para a Fundación Galicia Emigración denominada xefe de Área de Apoio á Xerencia e Relacións Externas.

A Fundación Galicia Emigración anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

A. Posto.

1. Denominación.

Xefe de Área de Apoio á Xerencia e Relacións Externas.

2. Nº de prazas.

1, xornada completa.

3. Funcións principais:

-Execución de programas.

-Funcións de secretariado-executivo.

-Planificación e organización de medios materiais.

-Relacións institucionais, protocolo e relacións externas en xeral.

B. Requisitos.

-Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

-Ser maior de idade.

-Estar en posesión do carné de conducir B ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

C. Comisión de selección.

-A selección será efectuada por unha comisión designada para o efecto polo presidente da fundación.

D. Sistema de selección.

1. Valoración dos seguintes méritos.

-Estudios en protocolo e relacións institucionais: 10 puntos.

-Estudios de secretariado: 10 puntos.

-Currículum vitae: 4 puntos.

-Experiencia profesional en secretariado e apoio á dirección: 8 puntos.

-Experiencia profesional en protocolo, relacións institucionais e cos medios de comunicación: 8 puntos.

2. Probas.

-Proba oral e escrita de galego: 12 puntos.

Estarán exentos desta proba os candidatos que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento

de galego ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Tal acreditación deberá presentarse xunto coa solicitude.

-Proba oral e escrita de inglés: 12 puntos.

-Proba de coñecementos en protocolo e relacións institucionais: 26 puntos. Esta proba versará sobre os contidos do temario que figura no anexo I deste anuncio.

3. Entrevista.

Nela valoraranse as aptitudes e a capacidade para o posto e as habilidades de organización e comunicación: 10 puntos.

A valoración de méritos terá unha puntuación máxima do 40% sobre o total; as probas do 50% sobre o total, e a entrevista do 10% sobre o total.

E. Solicitudes.

1. Documentación que hai que presentar:

-Solicitude na que constará necesariamente o nome e apelidos do solicitante, o seu número do DNI, enderezo e sinatura.

-Currículum vitae.

-Fotocopia do DNI.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación e demais requisitos, así como a formación complementaria e/ou experiencia e demais méritos que se aleguen para ser valorados.

2. Lugar e prazo de presentación.

-As solicitudes faranse chegar á Fundación Galicia Emigración, situada en Basquiños 2, Santiago de Compostela.

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F. Listas de admitidos e excluídos, celebración das probas e resultado do proceso selectivo.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios da sede da fundación as listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso de selección. Os candidatos excluídos disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da lista provisional, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión. Unha vez transcorrido este prazo, a comisión de selección publicará igualmente no taboleiro de anuncios da sede da fundación a lista definitiva de admitidos e excluídos.

A valoración dos méritos, o día, o lugar e a hora de celebración das probas e da entrevista, e os resul

tados do proceso selectivo publicaranse igualmente no taboleiro de anuncios da Fundación Galicia Emigración.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

Aurelio Miras Portugal

Presidente da Fundación Galicia Emigración

ANEXO I

Temario

-Protocolo español.

-Protocolo internacional.

-Técnicas de organización de actos.

-Introducción á comunicación.

-A estructura da información no mundo e en España.

-Relacións públicas e institucionais.

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN

SANITARIA