Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.184

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a cobertura por persoal laboral fixo dun posto de traballo do cadro de persoal da fundación.

A Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) anuncia a convocatoria pública do seguinte posto do seu cadro de persoal para a súa contratación indefinida e fixa:

-Posto: técnica de xestión contable.

Requisitos de titulación: técnico con formación profesional superior non sanitaria ou formación equivalente.

O modelo de instancia e as bases da convocatoria para participar no dito proceso selectivo poderán recollerse polos interesados na propia sede da fundación, sita no polígono das Fontiñas; rúa de Madrid, 2-4, 2ª planta, sen prexuízo de que os aspirantes poidan solicita-lo seu envío logo de chamada ó teléfono 981 58 06 33 da Fegas das 10 ás 13.30 horas. Ademais, as bases da convocatoria tamén serán obxecto de publicación na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

Javier Bouzada Romero

Director da Fundación Pública Escola Galega

de Administración Sanitaria