Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para o seguimento da execución dos cursos de formación organizados dentro do Programa Inserta financiado polo Fondo Social Europeo. (Expediente 6172/2002 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación da asistencia técnica para o seguimento da execución dos cursos de formación organizados dentro do Programa Inserta financiado polo Fondo Social Europeo.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: será o da duración dos cursos de formación organizados dentro do proxecto Inserta.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 31.372,83 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite, ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contado a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 15 de outubro de 2002.

Antonio Erias Rey

Presidente da Deputación Provincial

da Coruña en funcións

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña