Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da U.A. B SUP PP 1 Finca Solita no núcleo 01-11-B en Alcabre (expediente 4369/401).

En data do 10 de xuño de 2002, o representante da entidade mercantil Metrovacesa de Viviendas, S.L. presentou no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo solicitude de tramitación e aprobación do proxecto de compensación, dentro do núcleo 01-11-B de Alcabre nunha área de solo urbanizable programado denominada B SUP PP 1 Finca Solita. Achegou para o efecto memoria e planos, asinados polos arquitectos Castro y Alonso C.B. e Arturo Dapena Barros, que foron completados con nova documentación presentada nos días 19 de xullo, 12 de setembro e 2 de outubro de 2002.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren por convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 11 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo