Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión do día 30 de maio de 2002 acordou, de acordo co previsto no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, corrixir-lo erro detectado na folla número 21 do plano de cualificación número 2 do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1).

A corrección consiste en grafar, de acordo co indicado nos planos de cubertas e alzados (número 6 e 8.85) a edificación prevista no número 27 da Carballeira de San Lourenzo.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio: alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo