Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a prestación do servicio de telecomunicacións, fixa, móbil e de transmisións de datos, interna e externa do Concello de Santiago de Compostela, desagregrado nos seguintes lotes:

Lote 1: Servicio corporativo de telefonía fixa.

Lote 2: Servicio corporativo de telefonía móbil.

Lote 3: Servicio corporativo de transmisión de datos.

Tipo de licitación:

Lote 1: 200.000 euros, IVE incluído.

Lote 2: 88.000 euros, IVE incluído.

Lote 3: 36.000 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración de 2 anos prorrogables.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela ata as 14 horas do día 15-11-2002.

Información: Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Documentación: copistería Copy Nova; rúa Nova de Abaixo nº 12, local 4. Teléfono 981 59 23 93.

Clasificación do contratista: para presentar ofertas ó lote 1 esixirase a seguinte clasificación:

Grupo V, subgrupo 4, categoría a.

Grupo III, subgrupo 3, categoría a. (disposición transitoria única, punto 2, do RXLCAP).

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto do mesmo nome do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

Garantías: provisional: para os lotes 2 e 3 esixirase o 2% do tipo de licitación respectivo.

Definitivo: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello, o día 18 de novembro de 2002 ás 12 horas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde