Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figura no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Juan Vilas López, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña).

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 12-9-2002)

Miguel Cabrero Poveda

Subdirector xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Jesús Manuel Martínez Seoane.

Domicilio: Sabugueira-Santiago de Compostela, 15820 (A Coruña).

Texto:

«Estimar en parte o recurso de alzada, interposto por Juan Vilas López (propietario nº 1.024), contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal, no sentido de:

* Incluír no perímetro do predio nº 1.218 do polígono 6, de Juan Vilas López (propietario nº 1.024), o predio -colindante polo seu extremo sur- nº 1.219, de Jesús Manuel Martínez Seoane (propietario nº 474), co que desaparece este número, e o predio nº 1.218 pasa a dispoñer de 2-11-10 ha e un valor de 1.038.850 puntos.

* Destinar á terra sobrante (propietario nº 2.000) unha franxa de terreo por parte dos extremos surleste do predio nº 853 do polígono 5, de Juan Vilas López (propietario nº 1.024), en concreto a parte designada subíndice 2 (nº 853-2) cunha superficie de 74-00 áreas e un valor de 253.975 puntos (con 8-85 áreas de PR-4, 42-20 de M-3, 20-15 de M-4 e 2-80 de M-5), quedando a parte restante (nº 853-1, do propietario nº 1.024), cunha superficie de 1-84-50 ha e un valor de 613.125 puntos.

* Atribuír a Jesús Manuel Martínez Seoane (propietario nº 474), en compensación, a detracción do seu predio nº 1.219 do polígono 9:

-O predio nº 228-2 do polígono 2, cunha superficie de 35-00 áreas e un valor de 122.500 puntos, que é a parte norte deste predio que figura na relación de propietarios descoñecidos (propietario nº 1.400).

A parte restante pasa a figurar como nº 228-3, quedando cunha superficie de 42-15 áreas e un valor de 160.550 puntos (con 9-15 áreas de PR-4, 12-55 de PR-5, 14-00 de M-3 e 6-45 de M-5).

-O predio nº 435-2 do polígono 3, cunha superficie de 30-00 áreas e un valor de 135.000 puntos, procedente da primitiva terra sobrante nº 435 (propietario nº 2.000), pasando a parte restante a dispoñer do subíndice 1 (nº 435-1), dunha superficie de 93-75 áreas e un valor de 876.475 puntos (con 47-75 áreas de PR-1, 13-20 de PR-2 e 32-80 de M-2).

* Destinar á relación de propietarios descoñecidos (propietario nº 1.400) a terra sobrante nº 197 do polígono 2 (propietario nº 2.000), que figura no acordo cunha superficie de 36-00 áreas e un valor de 162.000 puntos, para compensa-la detracción feita a este propietario nº 1.400 en relación co predio nº 228-2 do polígono 2.

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido no artigo 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».