Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figura no anexo a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Manuel Castro Salvado, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña).

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 12-9-2002)

Miguel Cabrero Poveda

Subdirector xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: José María Leborán Mosquera.

Domicilio: Sabugueira-Santiago de Compostela, 15820 (A Coruña).

Texto:

«Estimar en parte o recurso que, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira e O Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña) interpuxo Manuel Castro Salvado (propietario nº 149) no sentido de:

-Incluír nas atribucións de Manuel Castro Salvado o predio 545-2, cunha superficie de 1-15 áreas e un valor de 4.025 puntos, procedente do primitivo predio nº 545, de José García Bello (propietario nº 316), quedando o predio deste designado como predio 545-1, cunha superficie de 1-36-65 ha e un valor de 724.875 puntos.

-Varia-la configuración dos predios nº 295, 296, 329 e 330 do polígono 2, as nº 528, 529, 530, 531 e 532 do polígono 3. Intercambia-la localización dos predios nº 183 e 184 do polígono 2. Incluír no perímetro do predio nº 409, os colindantes nº 410 e 411 (que desaparecen por incluírse no citado 409). En consecuencia:

* A Manuel Castro Salvado (propietario nº 149), quédalle o predio nº 183, cunha superficie de 3-53-70 ha e un valor de 792.950 puntos; o predio

nº 295, cunha superficie de 60-30 áreas e un valor de 213.825 puntos; o nº 330, con 3-85-30 ha e un valor de 2.033.300 puntos; o nº 409 con 1-26-75 ha e un valor de 652.325 puntos; o nº 531, con 1-47-25 ha e un valor de 729.450 puntos. Así mesmo, inclúese nas súas atribucións, o predio nº 692, con 60-90 áreas, e un valor de 385.500 puntos.

* O predio 184, destinado a terra sobrante (propietario nº 2.000), queda cunha superficie de 1-32-95 ha e un valor de 770.875 puntos.

* O predio nº 532, de Carmen Castro Ramos (propietario nº 142), queda con 19-30 áreas, e un valor de 115.250 puntos.

* O predio nº 528, de Perfecto Ríos Morlán (propietario nº 659), queda con 1-02-40 ha e un valor de 638.525 puntos, e o nº 329, do mesmo propietario, queda con 7-71-45 ha e un valor de 3.550.850 puntos.

* O predio nº 530, de José Antonio Vigo Gómez (propietario nº 957), queda con 7-70 áreas e un valor de 42.700 puntos.

* O predio nº 529, de José María Leborán Mosquera (propietario nº 403), queda cunha superficie de 51-40 áreas e un valor de 328.175 puntos.

* O predio nº 296, de Prudencio Brea Morlán (propietario nº 77), queda cunha superficie de 71-90 áreas, e un valor de 287.050 puntos.

-Trázase un camiño sobre parte do extremo sur do predio nº 295, ata o predio nº 296.

-Elimínanse dos planos do acordo as conduccións subterráneas que cruzan os predios nº 531 e 533 (de Manuel Castro Salvado), e o nº 532 (de Carmen Castro Ramos).

-Inclúese na relación de propietarios descoñecidos (propietario nº 1.400), a terra sobrante nº 339, cunha superficie de 1-42-80 ha e un valor de 513.400 puntos, co obxecto de que este propietario quede debidamente compensado.

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido no artigo 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».