Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto L.A.T. 132 kV enlace apoio número 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés ata o apoio número 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande, nos concellos de Ourol e O Valadouro (Lugo), promovido pola empresa Electra de Viesgo I, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 11 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto L.A.T. 132 kV enlace apoio Nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés ó apoio Nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande, nos concellos de

Ourol e O Valadouro (Lugo), promovido pola empresa Electra de Viesgo I, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

* Proyecto. L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Abril 2001.

* Evaluación de impacto ambiental. L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Mayo 2001.

* Informe de accesos del proyecto L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Julio 2001.

* Informe complementario del estudio de impacto ambiental. L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Mayo 2002.

* Prospección arqueológica superficial intensiva. L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande.

* L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Informe complementario del estudio de evaluación de impacto ambiental. Documento anexo. Junio 2002.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación avaliada e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito de aplicación.

A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica de alta tensión (132 kV), con partida proxectada no apoio nº 43 da L.A.T. Montouto-Nordés e remata no apoio nº 22 da L.A.T. Boimente-Pena Grande, cunha lonxi

tude total de 6.448 m, con apoios metálicos de celosía sobre zapatas de formigón, con illadores, conductores eléctricos de terra e fibra óptica.

Tendo en conta o exposto no punto 6.3 desta DIA, dado que a localización prevista dos apoios podería variar á vista dos resultados da documentación requirida no punto 11.1 da DIA, a localización proxectada ten carácter provisional, establecéndose con carácter definitivo, se é o caso, unha vez sexa recibida, avaliada e teña o informe favorable a citada documentación.

A traza discorrerá polos concellos de Ourol e Ferreira do Valadouro, na provincia de Lugo, segundo o plano L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Situación do documento titulado Evaluación de impacto ambiental. L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Mayo 2001, sendo as coordenadas UTM dos apoios, con carácter provisional tendo en conta o antedito, as seguintes:

Nº apoioUTM XUTM Y

APOIO L.A.T. MONTOUTO-NORDÉS619109,01904818676,7240

1619105,10764818700,2511

2619090,92964818792,7002

3619042,44284819108,8639

4619014,08384819293,7819

5618977,68764819531,1073

6618938,88274819784,1390

7618887,78404820117,3340

8618883,54274820275,1970

9618878,15844820475,6047

10618872,75904820676,5720

11618963,64304820844,9612

12619093,68504821085,9020

13618719,97034821298,2285

14618570,87394821382,9377

15618403,41804821478,0780

16618329,56854821571,8875

17618180,11894821761,7301

18617896,86704822121,5390

19617751,48084822259,3472

20617602,58204822400,4850

21617497,33214822582,4702

22617400,33004822750,3277

23617321,65804822889,1360

24617156,17014823101,5222

25617082,74404823197,1160

26616990,39724823353,1112

27616705,41484823834,5123

28616584,24964824082,6054

APOIO BOIMENTE-PENA GRANDE616571,00954824109,7454

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Co fin de diminuí-la emisión de po á atmosfera, que se pode producir pola construcción das vías de acceso e polos labores de escavación para a cimentación dos apoios, procederase, en períodos de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos, especialmente nas zonas poboadas e nas que teñan vexetación de interese.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, de se-lo caso, as ordenanzas municipais establecidas ó respecto.

Para tal fin, realizarase un seguimento do nivel de ruído durante a fase de construcción, segundo a proposta de estudio acústico presentada. Terase en conta que as medicións deben ser efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral, e os informes de resultados presentaranse asinados por técnico desa entidade.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Dado que o apoio nº 5 se atopa excesivamente preto do río Cancelas, este deberá distanciarse o máximo posible, para evitar afeccións sobre o curso fluvial. Para tal fin, deberase presentar unha proposta de desprazamento do antedito apoio segundo o requirido no punto 11.2 da DIA.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación ou vertedura, precisará da autorización de Augas de Galicia, segundo se establece no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, axustándose ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

Nos terreos próximos ós cursos de auga instalaranse mallas ou outros dispositivos para evita-la escorrega, co fin de evita-la incorporación de sólidos ás augas.

Ó non estar previsto no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este, necesariamente, será provisto desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

4. Protección do solo.

Realizarase unha delimitación das zonas de obra, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente previstos. A circulación de maquinaria restrinxirase ás vías.

Aproveitarase ó máximo a rede de camiños xa existentes, co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso, segundo o indicado no EIA.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns. No caso de que se produzan sobrantes de terras, estes deberán ser levados a lugar autorizado por órgano competente.

A capa edáfica ou horizonte vexetal do solo, durante os labores de escavación e execución de accesos, será retirada e amoreada coas seguintes características, dependendo do seu uso final:

* No caso de reutilizala na restauración, os amoreamentos non superarán os dous metros de altura.

* No caso de abandono, a altura máxima permitida destes amoreamentos será de 50 cm e a revexetación deberá ser inmediata.

Os lugares de amoreamento de terra vexetal estarán fóra do tránsito da maquinaria, para evita-la súa compactación, de tal xeito que non perda a súa calidade e poida ser empregada posteriormente nas accións de recuperación. No caso de que pasen máis de seis meses deberán airearse. Así mesmo, a zona de instalación debe ter pendentes suaves e escaso valor ambiental.

Nos terreos de forte pendente utilizaranse apoios con patas desiguais co fin de minimiza-lo terreo afectado polas escavacións.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento da L.A.T. deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo os medios necesarios para a recollida de posibles vertidos.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

Mentres non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, tendo en conta a presencia na zona de especies de gran valor ecolóxico (en especial as aves rapaces) que poden verse afectadas pola liña, tomaranse as medidas protectoras necesarias para minimiza-lo risco de electrocución e colisión, debendo instalar salvapaxaros na totalidade da L.A.T. As medidas antielectrocución deberán axustarse ó estipulado no artigo 11 do Decreto 275/2001, do 4 de outubro, polo que se establecen determinadas condicións técnicas específicas de deseño e mantemento ás que se deberán somete-las instalacións eléctricas de distribución.

Levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudio ambiental, co fin de comprobar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves cos cables do tendido, observando en que zonas se producen e que especies son afectadas, completando o estudio presentado cos requirimentos do punto 11.4 da DIA.

6.2. Sobre a vexetación.

Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira, aplicarase o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002, da Consellería de Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberá procederse á súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo e diminuí-lo risco de incendios forestais.

Tódolos terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de viais e cunetas) deberán ser recuperados mediante revexetación, que restitúa as condicións previas ó inicio das obras e favoreza a reinstalación da vexetación orixinal, polo que se deberá presentar un proxecto de revexetación de tódalas zonas afectadas polas obras, segundo o requirido no punto 11.3 da DIA.

Aquelas vías que non vaian ser empregadas durante a fase de funcionamento da liña deberanse definir e reintegrar na paisaxe, revexetándoas en toda a súa extensión.

Co fin de evita-la afección á vexetación de ribeira deberanse adopta-las seguintes medidas:

* Sobreelevación dos apoios. Isto leva a unha diminución da amplitude da rúa así como a posibilidade de manter unha maior densidade e diversidade de flora. En todo caso, debe tenderse á conservación íntegra do ecosistema existente, e en caso de estar degradado, procederase á súa restauración.

* Cortas selectivas. Estas cortas deben estar enfocadas só a pés de grande tamaño e que non repercutan de maneira significativa no medio. En todo caso, deberá vixiarse e fomentarse a diversidade, mantendo os pés de especies sobresaíntes mentres non sexan incompatibles coa liña.

* Separación de apoios. Maximizarase a distancia dos apoios dos cursos fluviais, para afectar o menos posible a vexetación de ribeira.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención a non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes no polígono do parque, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Para tal fin, deberase presentar un plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle, referenciado en coordenadas UTM, no que se reflicta:

* O trazado da L.A.T., indicando a localización e número de apoio e vías de acceso (diferenciando as vías preexistentes das de nova construcción e aquelas que hai que acondicionar e indicando lonxitude de cada tipo).

* A distribución, con extrema claridade, dos diferentes hábitats inventariados, conforme a tipificación establecida na Directiva 92/43/CEE, diferenciando dentro destes o seu estado de conservación.

* Os elementos do patrimonio cultural, xunto coas súas áreas de exclusión e cautela.

O plano deberá estar asinado polo/s autor/es, constando a súa titulación e acreditación do coñecemento da materia.

Este plano contará con lenda explicativa, e permitirá apreciar claramente a localización dos elementos e infraestructuras da L.A.T. en relación cos hábitats e o seu estado de conservación, así como cos elementos do patrimonio cultural, segundo o requirido no punto 11.1 da DIA.

No caso de que se detecte algunha afección sobre os hábitats prioritarios ou de interese comunitario, o promotor propoñerá unha localización alternativa dos apoios, debidamente xustificada, indicando o tipo de hábitat e vexetación das zonas propostas para a reinstalación.

Terase en conta que en ningún caso se realizarán incisións nas áreas con formacións turberiformes e áreas hidromorfas, evitando a modificación das súas condicións de hidromorfía.

No caso de que se detectase algún impacto non previsto na documentación presentada polo promotor ou na presente declaración, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, poñendo en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a incidencia detectada, quen a avaliará e informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

7. Protección do patrimonio cultural.

Cara a evitar posibles afeccións, establécese unha área de exclusión no contorno dos xacementos arqueolóxicos Mámoas nº 1 e 2 de Penido Vello (GA27038011 e GA27038012) de 130 metros de radio, medidos desde o límite exterior do ben inven

tariado. En relación coa entidade arqueolóxica YA991110A01 establécese unha área de exclusión de 30 metros.

A realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Para os accesos ós apoios 17 ó 22 deberase utiliza-la pista existente de concentración parcelaria.

Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito da L.A.T., polo que, previamente ó inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se incluirá:

-A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural de acordo co estudio de impacto ambiental.

-O control e seguimento arqueolóxico das obras de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio ambiental.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o transcurso desta, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control de seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa compresión.

De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

Tal e como se recolle no artigo 63.2º da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, os traballos arqueolóxicos descritos financiaranse con cargo á execución do proxecto.

8. Protección dos valores paisaxísticos.

O conxunto de elementos que configuran a liña, principalmente as vías de acceso de nova creación, os noiros e os terrapléns, deberán integrarse na paisaxe.

Os afloramentos rochosos con interese xeomorfolóxico ou paisaxístico existentes na zona deberán ser respectados. Se isto implicase o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, aplicarase o indicado no punto 13.4 desta DIA.

9. Outras medidas.

No referente ó cruzamento entre liñas, atenderase o disposto no Decreto 3151/1968, do 23 novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (BOE nº 311, do 27 de decembro) e a súa corrección de erros (BOE nº 58, do 8 de marzo de 1969).

10. Fase de abandono.

Ó longo da fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios, retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a xestor autorizado para a súa correcta eliminación e/ou reciclaxe. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para uso exclusivo da liña.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, no prazo máximo de tres (3) meses desde a notificación da presente DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Plano en planta e dotado de coordenadas UTM, a escala 1/5.000 ou maior detalle, segundo o indicado no punto 6.3 da DIA. No plano incluiranse a zona de instalación de obra e o patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela, tendo en conta o indicado no punto 7 da DIA.

11.2. Proposta de desprazamento do apoio nº 5 segundo o indicado no punto 3 da DIA. Esta proposta irá xunto con planos en detalle nos que se reflicta o río Cancelas e os hábitats da zona.

Unha vez que a documentación requirida nos puntos anteriores reciba o informe favorable desta dirección xeral, presentarase:

11.3. Plan de restauración das zonas afectas polos movementos de terras, especificando a contía das superficies que se van restaurar, as especies e densidades que se van empregar, a maquinaria, a planificación, o calendario de actuacións e orzamento (integrado por cadro de prezos unitario, auxiliares, medicións e descompostos, orzamento de execución material e orzamento por contrata).

11.4. Addenda ó plan de seguimento da incidencia da L.A.T. sobre a avifauna, completando os seguintes aspectos:

* Descrición detallada das medidas protectoras e/ou correctoras que hai que adoptar, na fase de funcionamento (criterios de selección dos dispositivos salvapaxaros e xustificación detallada dos lugares onde se pretenden instalar). Considerarase, entre outras, un incremento na frecuencia dos controis que se deban efectuar. Describiranse así mesmo as medidas propostas para a detección de posibles impactos imprevistos, así como as medidas protec

toras de aplicación inmediata ante unha situación deste tipo.

* No referente á busca de aves accidentadas por colisión e/ou electrocución, describirase con detalle a metodoloxía que se vai empregar na selección e posterior revisión dos apoios en cada visita, tendo en conta a súa posición topográfica e a posible interferencia coas rutas de paso ou áreas de campeo e nidificación, co fin de proceder á selección daqueles que poidan ter unha maior incidencia sobre a avifauna. Terase en conta que debe presentarse un plano en planta no que se indiquen os tramos de L.A.T. que se revisarán.

* Presentación dos resultados, describindo a estructura e contido dos informes, que constarán, como mínimo, dun epígrafe introductorio, no que se indiquen datas e descrición das campañas efectuadas, outro cos datos e resultados obtidos e un de valoración, discusión e conclusións finais.

* Tendo en conta a valoración das zonas de sinerxias do documento Informe complementario del estudio de impacto ambiental. L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Mayo 2002, deberanse engadir no seguimento da L.A.T. as liñas de evacuación dos parques eólicos Mareiro, Leste e Nordés, considerando o conxunto como unha soa liña.

* Segundo ó indicado na proposta de seguimento de aves para a integración de plans de vixilancia, deberase presentar cos seguimentos semestrais un informe de sinerxias no que se recolla un resumo dos seguimentos das L.A.T. Boimente-Pena Grande e Montouto-Nordés, xunto cun epígrafe de conclusións e valoración das posibles sinerxias.

11.5. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.6. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez feita esta avaliación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó desenvolvemento do proxecto ata que non conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Unha vez emitido informe por esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de

obras, que inclúa tódalas actividades que se vaian realizar.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas no estudio ambiental e do condicionado da presente declaración. O programa debe permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, permitindo determinar e cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, coa periodicidade indicada, tres (3) copias da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, presentarase:

12.1.1. Con carácter mensual:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, resaltando as críticas, debéndose incluí-las medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental. Así mesmo, deberase indica-la porcentaxe de obra realizada de cada unidade respecto do seu total.

12.1.2. Con carácter trimestral:

a) Informe, xunto con reportaxe fotográfica, onde se reflicta o desenvolvemento dos traballos, recollendo así mesmo as incidencias, imprevistos e continxencias acontecidas en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA. Nas fotografías deberase indica-la data e hora de toma. Así mesmo, indicarase no plano requirido no punto 12.1.2.c. o lugar onde se realizaron as fotografías.

b) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflicta o avance dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referida ós distintos elementos que conforman o proxecto: vías, implantación de apoios e cunetas, así como unha lista da localización dos apoios, en coordenadas UTM.

c) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de obras, tendo en conta as localidades máis próximas ó trazado da L.A.T.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento da liña e presentarase un informe fin de obras co seguinte contido mínimo:

a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidos durante a realización das obras, en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.

b) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflictan tódalas accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se rea

lizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Reportaxe fotográfica, indicando nas fotografías a data e hora de toma, na que se recolla os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, estado das vías de acceso e servicio á liña eléctrica, estado de limpeza da área, colocación dos dispositivos salvapaxaros. Así mesmo, indicarase no plano requirido no punto 12.2.b. o lugar onde se realizaron as fotografías.

12.3. Informe de seguimento ambiental, de periodicidade semestral contado a partir do inicio da posta en servicio, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultado do seguimento das posibles afeccións á avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 da DIA.

b) Informe, xunto con reportaxe fotográfica, indicando nas fotografías a data e hora de toma, no que se recollan os resultados da aplicación do plan de recuperación de solos e vexetación requirido no punto 11.4 da DIA, incluíndo os avances no proceso de rexeneración da cuberta vexetal en tódalas zonas afectadas polas obras e aquelas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión, e, no seu caso, integración paisaxística. Asemade indicarase nun plano como o requirido no punto 12.2.b. o lugar onde se realizaron as fotografías.

c) Informe das posibles sinerxias tendo en conta o indicado no punto 11.4 da DIA e na documentación presentada.

Á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de explotación da liña, establecerase a periodicidade e contidos deste informe de seguimento ambiental.

12.4. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da L.A.T., remitirase un programa de abandono das instalacións, que conterá as accións previstas polo promotor en cumprimento do punto 10 da presente declaración de impacto ambiental.

12.5. Informe posterior ó abandono: no prazo máximo de dous (2) meses contado desde a fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións que teñan carácter ambiental, especialmente no relativo a residuos perigosos, e restauración das superficies afectadas.

No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicaranse inmediatamente a esta dirección xeral e proporanse as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta DIA son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cun comunicado desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, que o comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir no proxecto ou na restante documentación avaliada, deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, que o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó comezo das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e correctoras para facer fronte ós posibles danos que se produzan ó medio. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento das medidas protectoras e correctoras e plan de recuperación. Mentres non se presente axeitadamente este orzamento, como importe do aval proponse o 4% do investimento que se vaia realizar.

13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes se corrixan.

13.8. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, incluído, se é o caso, no Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

13.10. O proxecto de referencia terase que someter á autorización do órgano urbanístico competente desta Administración autonómica, de acordo coa Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

13.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

13.12. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa cumprido este trámite.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto consiste na instalación dunha liña eléctrica de alta tensión a 132 kV, cunha lonxitude total duns 6.448 m. A liña parte do apoio nº 43 da L.A.T. Montouto-Nordés e remata no apoio nº 22 da L.A.T. Boimente-Pena Grande. Os apoios proxectados son metálicos de celosía, sobre zapatas de formigón, con illadores e conductores de electricidade, cable de terra e fibra óptica.

As medidas protectoras e correctoras propostas no EIA inclúen as seguintes:

-Utilización de pistas forestais existentes para o acceso ós apoios.

-A apertura de ocos para a cimentación das patas realizarase manualmente ou con maquinaria nos lugares de bo acceso.

-Montaxe manual dos apoios.

-Axustarse ó establecido na lexislación vixente no referente a campos electromagnéticos.

-Vixilancia e control da posible deterioración das masas arbóreas.

-Acondicionamento e rehabilitación das áreas afectadas pola L.A.T.

-Evitarase a ocupación temporal ou permanente das zonas hidromorfas e preservaranse absolutamente as formacións de turbeira de maior interese.

-Para evita-la electrocución teranse en conta as recomendacións establecidas para tendidos doutras rexións.

ANEXO II

Resultados das consultas a organismos

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite dous informes:

O primeiro sobre o documento Evaluación de impacto ambiental. L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Mayo 2001, no que conclúe:

* Non se pode emitir informe de forma axeitada sobre o estudio por carecer de información.

No segundo informe, sobre o documento titulado Prospección arqueológica superficial intensiva. L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande, conclúe:

Emitir informe favorable sobre o EIA da L.A.T. 132 kV enlace apoio nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés ata o apoio nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande, e acepta-las medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio cultural, cos seguintes condicionantes que se incluirán na correspondente declaración de impacto ambiental:

1. Cara a evitar posibles afeccións, establécese unha área de exclusión no contorno dos xacementos arqueolóxicos Mámoas nº 1 e 2 de Penido Vello (GA27038011 e GA27038012) de 130 metros de radio, medidos desde o límite exterior do ben inventariado. En relación coa entidade arqueolóxica YA991110A01, establécese unha área de exclusión de 30 metros, polo que a realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

2. En relación cos accesos ós apoios 17 ó 22 utilizarase a pista existente de concentración parcelaria.

3. Deberá realizarse un control de seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito da liña eléctrica. Para tal fin, e previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico, que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se incluirá:

*A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural de acordo co estudio de impacto ambiental.

*O control e seguimento arqueolóxico das obras de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio ambiental.

4. Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o transcurso desta, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control de seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa compresión.

5. Conforme os resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

6. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite dous informes:

No primeiro informe, sobre o documento Evaluación de impacto ambiental. L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Mayo 2001 conclúe:

A empresa Electra de Viesgo, S.A., como distribuidora de enerxía eléctrica na zona, pretende a construcción da liña descrita, co fin de evacua-la enerxía producida por varios parques eólicos pertencentes a Acciona Eólica de Galicia, S.A. e Norvento, localizados na Serra do Xistral, da provincia de Lugo.

Trátase dunha liña de 132 kV cunha lonxitude de 6.448 m, tendida sobre un total de 28 apoios, dos que os doce primeiros se atopan no concello do Valadouro e os restantes no de Ourol.

En relación coa documentación presentada, temos que facer consta-lo seguinte:

No estudio de impacto ambiental soamente aparece unha sinatura na carátula, carecendo de sinaturas tanto o texto como a información gráfica que se inclúe nel (salvo fotocopias que figuran doutros traballos).

No tocante á información gráfica citada, atopamos que no devandito traballo aparecen:

a) Fotocopias de planos de Electra de Viesgo, supostamente pertencentes ó proxecto técnico da L.A.T., nalgún dos cales se sobreimpresionou a palabra «Figura», seguida dun número de orde.

b) Fotocopias de planos de GECOISA, sen sinatura, tamén con sobreimpresión da palabra «Figura» e un número de orde. (Non consta que a inclusión

e o uso que se fixo destes planos contase coa debida autorización por parte da autoría deles).

c) Fotocopias de planos da Consellería de Ordenación do Territorio, sobre papel impreso do Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental, Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, Universidade de Santiago de Compostela, igualmente coa sobreimpresión da palabra figura e o seu número de orde.

d) «Figuras» sobre papel impreso do Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental, Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, Universidade de Santiago de Compostela.

e) «Figuras» sobre papel con caixa do Departamento de Edafoloxía, Facultade de Bioloxía e Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental, Instituto de Investigacións tecnolóxicas, Universidade de Santiago de Compostela.

f) Fotocopias ampliadas de planos publicados no DOG sobre papel soporte do Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental, Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, Universidade de Santiago de Compostela, sen especificación de escala, con subtitulación da palabra «Figura» e o seu número de orde.

g) Fotocopias de planos, de procedencia descoñecida, sobre papel soporte en branco, e con sobreimpresión da palabra «Figura».

Ante esta pluralidade de supostas procedencias, e dada a carencia absoluta de sinaturas, aparentemente non existe ningún responsable sobre o contido e veracidade da devandita información.

Aínda que na documentación complementaria non se di explicitamente, nin tampouco se reflicte no correspondente plano, pódese comprobar que a liña obxecto de estudio, se atopa practicamente na súa totalidade (soamente se localizan fóra os apoios números 4 e 5) dentro do espacio natural denominado «Serra do Xistral». Este espacio forma parte da proposta de Lugar de Importancia Comunitaria, L.I.C., atopándose, na actualidade, no rexistro xeral de espacios naturais en réxime de protección xeral, establecido así na Orde do 7 de xuño de 2001.

O obxectivo que se persegue coas clasificacións anteriores é garanti-la biodiversidade mediante unha conservación, o suficientemente representativa, dos hábitats naturais e das especies de fauna e flora silvestres, tanto no territorio español como no pertencente á Comunidade Europea.

A finalidade última vén sendo o mantemento ou restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario, sempre integrado dentro do contexto socioeconómico e cultural do territorio.

Con anterioridade á documentación de que agora se está a emitir informe, foron presentados e informados os estudios ambientais de cada un dos parques eólicos nos que agora se pretende dar saída á enerxía que producen.

Nos últimos informes, ó respecto destes parques, fixérase referencia á importancia e necesidade de considerar nos estudios ambientais os efectos sinérxicos e acumulativos. Afeccións que se xerarían como consecuencia da necesidade de implementar liñas de evacuación de enerxía, ademais de que se presentarían na zona outras liñas e parques eólicos que tamén modificarían a magnitude do impacto final.

Por outra banda en cada un dos estudios dos parques incluíanse aspectos relativos á clase aves.

Dentro destas referencias é de destaca-lo inventario de diversidade de avifauna, no cal se chegaba a determinar un número de especies de 85 (no último estudio ambiental presentado). Nembargantes, na documentación da que se está emitindo informe, o numero de especies se reduce á metade (cítanse 42 na páx. 60 e 44 na páxina 63). E a isto hai que engadir que os presentes estudios presentan, en tódolos seus epígrafes, unha menor calidade descritivo e documental, cando se supoñen posteriores.

Así mesmo, en relación ó plan de seguimento das aves, fixéranse referencias en canto ó contido e desenvolvemento que estes debían ter. O presente estudio, ademais de ser menos preciso, non considera o requirido para os parques, cando xa alí se facía mención á necesidade de incorpora-las mesmas medidas para as liñas de evacuación de enerxía.

A posteriori da presentación dos estudios ambientais dos parques e da emisión dos correspondentes informes, entregouse un estudio que pretendía determina-los posibles efectos sinérxicos e acumulativos dunha serie de parques eólicos e outras infraestructuras. Concretamente céntrase na análise e avaliación das accións que a empresa Acciona Eólica de Galicia, pretende acometer no referido espacio natural. Cabe subliñar que parte das presentes liñas e parques ós que dan apoio aparecen avaliadas no estudio, excepto o parque de Álabe-Nordés e a liña que vai da subestación do referido parque ata a confluencia coa liña que vai do parque de Álabe-Leste a Álabe-Mareiro.

Neste estudio, nas áreas estudiadas, chegan a diferenciarse zonas con graos de sinerxias máis ou menos homoxéneos. Segundo o estudio, as liñas estudiadas englóbanse nunha unidade de media sinerxia.

Feita esta posta en antecedentes, cabe expoñer que a documentación actual non supón unha mellora con respecto á xa presentada, senón todo o contrario, considerándose cualitativamente inferior.

Independentemente do anterior, cabe referir outros aspectos da documentación presentada:

1. Como xa se fixo referencia, as actuacións previstas afectan ó espacio natural da «Serra do Xistral». Nembargantes, e malia isto, non se fai ningunha consideración especial no estudio ambiental, pois:

*O único plano onde se delimita este (Figura 4) caracterízase pola súa baixa definición; tal é así

que non presenta escala (que en todo caso é moi grande), non se representa a situación actual nin a transformada. Limítase a establece-lo límite do espacio protexido así como algúns dos principais ríos e os concellos.

*Non se delimitan os valores polos que o espacio posúe o actual réxime de protección, sendo fundamental a delimitación, na área de influencia do proxecto, dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario así como das especies protexidas.

*É fundamental que se representen os valores polos que o espacio foi declarado tanto na súa situación actual como unha vez efectuada a transformación (situación con e sen proxecto).

2. As turbeiras son un dos valores polo que o espacio presenta a actual figura de protección. Nembargantes, a representación gráfica que se fai delas non é concluínte, xa que:

*No plano de turbeiras (Figura 16), sen escala, os signos da lenda presentan erros nas turbeiras ombrotróficas e están incompletos nas minerotróficas, e a gama de cores con pouca diferenciación, existindo manchas que non son identificables a través das lendas.

*Na Figura 23b, da análise de alternativas, a escala 1:10.000. na que aparece a alternativa seleccionada, non se ofrece esta na súa totalidade e, ademais, non existe lenda con clave identificativa das turbeiras.

*Na Figura 23a, escala 1:20.000, que corresponde a unha alternativa desbotada, aparece unha lenda de turbeiras, á relativa a ombrotrófica, diferente da alternativa 16 anteriormente citada.

*Só nesta Figura 23a é onde aparece unha lenda de novos camiños para construír, que en todo caso é indescifrable, ademais de non corresponder á alternativa seleccionada.

3. Non se presentan medidas correctoras específicas para evita-la electrocución e colisión de aves nos tendidos eléctricos.

Con este motivo, e salvo que medie xustificación ó respecto, considérase pertinente que se adopten, por defecto, as medidas que se recollen no primeiro punto do artigo 11 do Decreto 275/2001, do 4 de outubro, polo que se establecen determinadas condicións técnicas específicas de deseño e mantemento ás que se deberán somete-las instalación eléctricas de distribución.

4. Na documentación presentada refírese que non se prevén efectos significativos sobre a rede hidrográfica.

Nembargantes, non consideramos de máis lembrar que:

a) No suposto de afectarse a vexetación de ribeira solicitarase a correspondente autorización ó Servicio Provincial de MAN, tal e como establece o Regu

lamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais:

* Para o aproveitamento e a utilización de calquera tipo de vexetación nas ribeiras dos ríos e das augas, será precisa a previa autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente, tal e como se preceptúa no artigo 16, da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

* Para a modificación da vexetación das beiras e marxes precisarase un informe do servicio provincial correspondente, tal e como se dispón no artigo 16, da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

Debemos lembrar que tal e como se dispón no artigo 56.1º do Regulamento de pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, se declara para tódolos efectos como de interese xeral a conservación das formacións vexetais das marxes dos ríos, polo que se propón que se tomen tódalas medidas para impedi-la afección a vexetación dos numerosos regatos que atravesan as liñas de alta tensión. Para isto poden adoptarse os seguintes aspectos:

*Sobreelevación dos apoios. Isto leva a unha diminución do largo da rúa así como á posibilidade de manter unha maior densidade e diversidade de flora. En todo caso, debe tenderse á conservación íntegra do ecosistema existente, e en caso de estar degradado, procederase á súa restauración.

*Cortas selectivas. Estas cortas deben estar enfocadas só a pes de gran tamaño e que non repercutan de maneira significativa no medio. En todo caso, deberá vixiarse e fomentarse a diversidade, mantendo os pés de especies sobresaíntes mentres non sexan incompatibles coa liña.

*Separación de apoios. Maximizarase a distancia dos apoios dos cursos fluviais, para afectar o menos posible a vexetación de ribeira.

Con independencia do anterior, o estudio ambiental deberá concreta-las actuacións directas que incidan no ecosistema fluvial. De non describirse, entenderase que estas non existirán, sendo correctos os expositivos do estudio presentado.

b) No suposto de efectuar algunha actuación nos cursos dos regatos existentes, tanto nas súas zonas de servidume e policía deberase solicitar previamente autorización ó organismo de cunca. No caso de que esta afección atinxa ós ecosistemas fluviais, requirirase informe preceptivo desta dirección xeral segundo o disposto no artigo 77.3º do Decreto 130/1997.

Desenvolvendo un pouco este punto e en relación coas nosas competencias, expoñemos:

A vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullos, aceites, sólidos en suspensión...) non poderá afectar á calidade das augas nas súas características fisicoquímicas e bióticas, cumprindo para iso o considerado na lexis

lación vixente, de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa á calidade das augas continentais, no Real decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da Administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, encontrándose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. En relación co tema terase en conta que:

* Non se acumularán nos cursos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullos, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse ós cursos de auga por escorrentías ou crecidas do caudal.

* Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

* Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

* Vixiaranse con especial atención os posibles procesos erosivos tanto durante a fase de construcción como na de explotación, tomándose as medidas oportunas para solventar posibles imprevisións durante a planificación ou execución, facendo un seguimento periódico, e durante a vida útil da liña.

Con respecto a este punto, resultan fundamentalmente preocupantes os procesos contaminantes como consecuencia da erosión que se pode producir nas aperturas e mantementos de rúas. Por outra banda, os procesos erosivos xeran unha perda cualitativa na fertilidade do solo. Para evita-las perdas é necesario protexe-lo solo contra os elementos (chuvia e vento, fundamentalmente). Para acadar isto estímase oportuno a adopción de medidas como:

-Mantemento de arboredo e matogueiras compatibles coas liñas.

-Completa-la cuberta vexetal en caso de ser insuficiente ou incompatible.

-Se a vexetación non cumprise cos requirimentos de protección do solo así como de amortecemento dos procesos erosivos, aplicaranse medidas accesorias (aplicacións de mulches, balsas de sedimentos, barreiras de sedimentos...).

-En todo caso, as medidas débense centrar no mantemento e na mellora dos hábitats prioritarios e/ou de interese comunitario que se localicen debaixo das liñas, así como calquera especie de interese.

En todo caso os aspectos anteriores deben estar descritos no estudio ambiental co detalle suficiente. Enténdese que esta descrición debe permitir un perfecto replanteo, execución e mantemento.

6. Podemos identifica-las principais actuacións que van afectar ás formacións vexetais por aquelas que se orixinan pola apertura das rúas por onde transcorre o tendido, e aquelas que son froito da apertura das pistas precisas para a colocación dos apoios.

A apertura e mantemento das rúas debe vir establecida a priori, presentándose para a súa avaliación no estudio ambiental. Dentro dos aspectos que se deberá considerar e desenvolver estarán os seguintes:

-As torretas evitarán en todo caso a afección a zonas de turbeiras.

-Os hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario que sexan atravesados serán preservados.

-Reduci-la apertura das rúas ó mínimo imprescindible, adaptando a súa amplitude segundo os parámetros limitantes en cada sección, sendo por tanto variable.

-Variación da altura do apoio en función da vexetación que se vaia atravesar, para así mingua-lo efecto sobre esta. A variación da altura do apoio valorará fundamentalmente a altura da vexetación así como a súa importancia (xenericamente, desde un punto de vista ecolóxico, pódese considerar que as especies de crecemento rápido e alóctonas son as menos importantes).

-Establece-lo tipo de tratamento da vexetación en función do tipo de formación, cantidade e calidade (rozas, podas, cortas...). Tamén se debe establece-la periodicidade destes tratamentos.

-Ademais, estableceranse os treitos que precisan dun cambio de asociación vexetal ou dun enriquecemento das existentes (ben sexa por unha baixa densidade da cuberta, ben para fomentar algunhas características da rúa).

-Establecerase o tipo de xestión que se aplicará os restos e residuos inducidos polos labores de apertura e mantemento das rúas.

-Medidas de control e protección de especies e formacións protexidas e de interese.

No estudio fanse algunhas referencias ós aspectos anteriores. Nembargantes, estas son xenéricas.

No tocante ós novos accesos preséntase unha documentación específica á que arriba fixemos referencia, e sobre a cal farémo-las observacións seguintes:

*O estudio carece de calquera plano que identifique os valores do medio biótico que van ser afectados (hábitats prioritarios ou de interese comunitario, especies protexidas, ecosistemas fluviais...). A respecto da súa importancia xa se fixo referencia no punto primeiro deste informe.

*Na documentación pode observarse que se cruzan numerosos regatos. Nembargantes, non se especifica como se vai efectua-lo seu cruzamento, (véxase a este respecto o exposto no apartado catro deste informe).

*A maior parte dos accesos ós apoios constitúense por rodadura dos vehículos empregados na execución. Nembargantes, non se adopta ningunha medida para evita-las rodeiras e a compactación do terreo. Estímase por tanto que é preciso implementar dis

positivos temporais para evita-los efectos anteriores (acceso en período de tempero adecuado, disposición de fibras vexetais nas zonas de rodadura susceptibles de produciren rodeiras...).

*Na documentación explicítase que, en caso de se produciren rodeiras, se procederá á súa esplanación. Como xa se mencionou, as rodeiras deben ser evitadas pola adopción de medidas adecuadas.

*Un dos aspectos non considerados no estudio é a posible compactación do terreo polo tránsito de vehículos. En primeiro lugar deberán adoptarse medidas que eviten esta compactación, que poden solaparse coas adoptadas para evita-las rodeiras. Se aínda así se produce compactación, procederase á restitución do terreo ás condición anteriores á alteración. O grao de compactación debe ser cuantificado para sopesa-la necesidade de adoptar medidas, empregando aparatos e metodoloxías de medición normalizados (penetrómetro).

*Farase conveniente que se delimite fisicamente o trazado co fin de evitar maiores intrusións.

Finalmente, estímase a necesidade de que se prevexan os puntos anteriores, desenvolvéndoos adecuadamente.

8. No tocante ás rozas varias e posibles cortas de vexetación arbórea ás que xa se fixo referencia nos puntos anteriores, deben considerarse e desenvolverse unha serie de aspectos:

Nestas actuacións esmeraranse as precaucións para non afectar ós valores naturais que están protexidos pola lexislación vixente. No caso de detectar algún destes elementos, procederase á súa delimitación, así como á adopción das medidas precisas para garanti-la súa preservación.

Estas actuacións van xerar unha serie de residuos forestais que deben ser xestionados de maneira precisa, de forma que se recomenda o tratamento dos restos de corta empregando métodos de trituración e esparexemento homoxéneo, por permitir unha rápida incorporación ó solo, diminuí-las posibilidades de incendio, así como riscos de ataques de pragas e enfermidades. En ningún caso se procederá ó enterramento dos restos triturados, xa que isto pode constituír, á súa vez, un foco importante de enfermidades.

Onde se efectúen cortas de especies arbóreas aplicarase o disposto na Lei e Regulamento de montes, co cal se terá que face-la correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.

9. Non se poderá depositar, nin acumular na área, nin en terreos anexos, ningún tipo de refugallos sólidos. No caso de empregarse canteiras abandonadas ou outros lugares de amoreamento debe indicarse cáles, ademais de cómo se pensan depositar e que

actuacións se implementarán para acondicionar estas zonas unha vez rematado o depósito, de xeito que se consiga unha boa integración no medio.

En calquera caso, tanto os residuos producidos na fase de construcción como os que proveñan dos labores de mantemento ou outras deberanse recoller e xestionar conforme a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente.

10. Durante o replanteo e a execución deberanse efectua-los controis oportunos para garantir que non se produzan impactos imprevistos, sobre todo nas poboacións de aves, sen por isto esquece-los demais elementos do medio (flora e fauna). No momento en que se detecte un posible impacto tomaranse as medidas necesarias para evitalo, comunicando ó correspondente Servicio de Medio Ambiente Natural tal situación, así como as medidas que se planifican adoptar. En todo caso, paralizaranse aquelas obras susceptibles de produciren a devandita afección, mentres o organismo competente non se pronuncie.

No segundo informe, realizado sobre os documentos titulados Informe complementario del estudio de impacto ambiental. L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Mayo 2002 e L.A.T. 132 kV enlace apoyo nº 43 L.A.T. 132 kV Montouto-Nordés hasta el apoyo nº 22 L.A.T. 132 kV Boimente-Pena Grande. Informe complementario del estudio de evaluación de impacto ambiental. Documento anexo. Junio 2002, conclúe:

1. Segue a asinarse única e exclusivamente a carátula dos documentos presentados. Omítese por tanto a sinatura das distintas partes do texto así como a documentación gráfica (salvo planos presentados doutras consultoras dentro deste mesmo traballo, sen por isto facer ningunha referencia explícita).

2. Segue sen delimitarse o espacio natural protexido. Tampouco hai unha análise e valoración de cómo se vén afectados os obxectivos previstos para o espacio natural protexido afectado.

3. Non se delimitan os hábitats de interese comunitario e prioritario, tal e como se requiriu, seguindo como base a tipificación desprendida da Directiva Hábitat, unicamente están expostos os hábitats prioritarios de Breixeiras húmidas atlánticas meridionais.

4. Segue sen presentarse un plano concluínte de turbeiras. Deben delimitarse estas conforme a criterios edafolóxicos, ademais dos establecidos na Directiva Hábitat. Lémbrese o criterio establecido no informe primeiro sobre non afección a estas formacións.

5. Segundo a documentación presentada non quedan claran as medidas que haberá de adoptar para evita-la electrocución e colisión das aves nos tendidos, polo que requirímo-la adopción dos criterios

dispostos no primeiro punto do artigo 11 do Decreto 275/2001, do 4 de outubro, polo que se establecen determinadas condicións técnicas específicas de deseño e mantemento ás que se deberán somete-las instalación eléctricas de distribución.

6. O cruzamento do río Cancelas presenta o apoio nº 5 excesivamente próximo ó curso de auga, polo que é oportuno incrementar esta distancia. Lémbrese, ó respecto, que anteriormente se instara a maximiza-la distancia dos apoios ós cursos fluviais, para afectar o menos posible á vexetación de ribeira (enténdese que a actual ou potencial).

7. Con respecto ós requirimentos feitos para a apertura e mantemento das rúas, non se efectúa ningunha mención. O mesmo acontece coa maior parte das observacións feitas ó respecto dos accesos.

A Dirección Xeral de Industria emite informe, xunto cunha proposta de condicionado ambiental, que inclúe os seguintes puntos:

* Ámbito territorial da actuación.

* Protección do solo.

* Protección da fauna e flora.

* Protección de valores arqueolóxicos e etnográficos.

* Outras medidas.

* Recuperación da situación orixinal trala fase de explotación.

* Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

* Condicións adicionais.

* Condicións específicas.

* Condicións xerais.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa que a realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que inclúe a descrición das unidades de coñecemento na zona do parque e un resumo das características do proxecto avaliado, xunto co seguinte condicionado:

En todo momento, durante a construcción e na fase de explotación, deberán terse en conta as medidas protectoras de non alteración dos cursos fluviais e a prohibición de verter refugallos neles, no caso de que estes se producisen, prohibíndose o lavado de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de construcción nas proximidades dos leitos dos regos afectados.

A calidade das augas manterase en niveis óptimos, de tal xeito que trala construcción da L.A.T., a súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do inicio das obras.

As obras non poderán afectar a calidade nin ó volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións. Os servicios de abastecemento terán prioridade fronte a calquera outro, segundo as prescricións establecidas na proposta do Plano Hidrolóxico de Galicia-Costa.

Un condicionante básico que se debe entender desta área sería que a futura autorización reflectise que a instalación se axustará ó cumprimento do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa e ás súas directrices, en todos aqueles aspectos que lle sexan de afección.

Se co motivo da realización da L.A.T. se produce algún cruzamento con regato, curso fluvial ou se interrompe algún sistema de abastecemento dos concellos afectados, serán necesarias medidas de protección e corrección dos seus efectos, sendo en todo caso preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo o establece o R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo.

En definitiva, este servicio considera que a instalación do citado parque eólico non produce alteracións importantes en relación coa planificación hidrolóxica da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras, durante a fase de construcción e período de explotación, especificadas no presente informe.

Non obstante, faise indispensable unha correcta execución das vías, de tal xeito que a incidencia sobre a rede hidrolóxica da zona sexa mínima, evitando sobre todo a vertedura accidental de substancias contaminantes.

No caso de que as características desta L.A.T. precisasen do uso regular de auga para o seu normal funcionamento, tanto na fase de construcción e montaxe como na de explotación, ou ben se producisen verteduras ou captacións á rede hidrolóxica, ou cruzamentos da rede fluvial, será necesaria a obtención, por parte do explotador, da preceptiva autorización de vertedura, de captación de auga ou cruzamento, que se tramitará, en aplicación da lexislación vixente, ante o organismo Augas de Galicia.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe no que conclúe que a actuación que se pretende non supón un incremento notable no impacto paisaxístico xa existente.

A Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Lugo emite informe favorable.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL