Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó recorrente que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figura no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por el mesmo, Jesús Rodríguez Suárez, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 12-9-2002)

Miguel Cabrero Poveda

Subdirector xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Jesús Rodríguez Suárez.

Domicilio: A Sionlla, 7, A Lavacolla-Santiago de Compostela (A Coruña).

Texto:

«Desestima-lo recurso que, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña), interpuxo Jesús Rodríguez Suárez, propietario número 687.

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido no artigo 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».