Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

CÉDULA de notificación (16/2002).

José Otero Ruibal, secretario en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra, dá fe de que nos autos que se relacionan recaeu sentencia, cun encabezamento e decisión que literalmente din:

«En Pontevedra, 29 de xaneiro de 2002.

Fidel Jesús Río Pardo, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra e o seu partido, vistos estes autos de incidentes 402/2000, seguidos perante este xulgado entre partes, dunha, como demandante, Sindicatura de la Quiebra Construcciones y Pavimentos Diversos, S.A., coa procuradora Alejandra Freire Riande e o letrado Enrique Devesa Pérez-Bobillo e, doutra, como demandados, a entidade Comercial Senra, S.A., Construcciones y Pavimentos Diversos, S.A., co procurador Miguel Ángel Martínez Cabrera e o letrado Emilio Búa Ares, respecto da primeira, estando a segunda en situación de rebeldía procesual, sobre incidentes e decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora Alejandra Freire Riande, contra a entidade Comercial Senra, S.A., representada polo procurador Miguel Martínez Cabrera e contra a entidade Construcciones y Pavimentos Diversos, S.A. (Copdisa), declarada en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a nulidade

do contrato de dación en pagamento formalizado en escritura pública outorgada con data do 12 de xullo de 19996 ante o notario Eduardo Méndez Apenela, número 3.066 do seu protocolo, e debo condenar e condeno as demandadas a estaren e pasaren por tal declaración e a que, solidariamente integren na masa da quebra a cantidade de 166.480,35 euros (27.700.000 pesetas), mailo importe que se acredite en execución de sentencia e correspondente á indemnización de danos e perdas ocasionados ó non dispoñe-la masa da quebra dos bens descritos e obxecto da escritura de dación en pagamento desde a data desta escritura á data de interposición da demanda, todo isto con expresa imposición das custas ás demandadas.

Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, dentro dos cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi rectificada por auto do 13 de marzo de 2002 no sentido de que, onde di: «... 166.480,35 euros (27.700.000 pesetas)», debe dicir: «148.900,75 euros (24.775.000 pesetas)».

E para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes e para a súa publicación no DOG, expido esta cédula en Pontevedra o vinteseis de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado