Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.139

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

CÉDULA de citación (95/2001).

De orde de S.Sª e por acordalo así nas dilixencias do xuízo de faltas arriba indicado, por furto, citará vostede as persoas que logo se dirán e no concepto que se expresa, para que o día 28 de outubro de 2002 ás 12.30 horas comparezan perante a Sala de Audiencia deste xulgado, co obxecto de asistiren ó acto de xuízo oral.

Faráselles saber ás partes que deberán comparecer con tódolos medios de proba de que intenten valerse no acto de xuízo (testemuñas, documentos, peritos...), así como que poderán ser asistidos de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Deberase apercibi-las partes e testemuñas que residan dentro do termo municipal, de que de non compareceren nin alegaren xusta causa que llelo impida, poderáselles impor unha multa.

Faráselles saber ós presuntos culpables que residan fóra do termo municipal, que poderán dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa que presente no dito acto as probas de descargo que tiveren, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal. En Noia, oito de outubro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

Persoas que deben ser citadas:

Denunciante: José María Barreiro Martínez. C/ Pintor Arximiro Suárez, 2, 3º A, Noia.

Denunciados:

María Jesús Regueira González. Lugar A Barquiña, 22. Noia.

Roberto Regueira González. Lugar A Barquiña, 22. Noia.

Adolfo Regueira González. Lugar A Barquiña, 22. Noia.

José Manuel Meira Cuesta. Lugar Berrimes, 22. Lousame.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE PONTEVEDRA