Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (519/2002).

Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nos presentes autos de xuízo verbal número 519/2002, seguidos no Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de José Andrés Filgueira Guerrero, contra Fogar Gas, S.L. e Fogasa en reclamación de despedimento, se dictou, con data do 25 de setembro de 2002, sentencia, que na súa decisión é do teor literal seguinte:

«Que debo estima-la demanda interposta por José Andrés Filgueira Guerrero contra a empresa Fogar Gas, S.L., declarando o despedimento improcedente e condenando a empresa a readmiti-la traballadora nas mesmas condicións que rexían ó se produci-lo despedimento, con aboamento da cantidade de 3.032,48 euros en concepto de salarios deixados de percibir ata a data desta sentencia, máis os que se devenguen ata a súa notificación a razón dun haber diario de 34,46 euros; ou ben a que extinga a relación laboral co traballador con aboamento a este da cantidade de 4.694,58 euros, en concepto de indemnización.

Respecto do Fogasa, cómpre declarar que non lle alcanza ningunha responsabilidade nesta instancia, sen prexuízo da que puidese derivar ulteriormente.

Notifíquese a presente sentencia ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación desta sentencia.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase».

E para que sirva de notificación de sentencia á empresa demandada Fogar Gas, S.L., con domicilio en Mosteiro, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación desta sentencia. Así

mesmo, notificaráselle ó socio da dita empresa Jesús Pérez Mas e Manuel Silva Barba.

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado