Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.063

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 8 de outubro de 2002 pola que se establecen as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio á Comunidade Autónoma.

A Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, reformada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo, do Servicio Galego de Saúde (en diante Sergas) establece no seu artigo 4 d) como competencia da Consellería de Sanidade, aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión.

En atención a isto, a contratación, no ámbito do Sergas, de servicios de asistencia, axustarase ás modalidades de prestación que se establezan e no xeito e condicións en que se determinen.

A Orde do 5 de novembro de 2001, publicada no DOG nº 224, do 20 de novembro, establecía as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Sergas, con efectos do 1 de xaneiro de 2001.

Sen embargo, tendo en conta a evolución do índice de prezos do ano 2001, as previsións para o ano 2002 e as tendencias dos custos da asistencia sanitaria, resulta necesaria a actualización para este exercicio das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes.

En virtude de todo isto, por proposta da División de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Tarifas máximas.

As tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada para o ano 2002 e a actualización dos prezos dos concertos vixentes serán as que se especifican nos puntos seguintes:

1. Asistencia en réxime de hospitalización.

Tarifas máximas por día de hospitalización para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Grupos e niveisPorcentaxe

aumento %

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (euros)

G. I

NI

-22,6016,29
NII-28,6522,35
NIII-34,0727,90

G. II

NI

-29,7523,37
NII-40,9034,57
NIII-63,5357,46

G. III

NI

-35,9229,71
NII-52,7246,72

Grupos e niveisPorcentaxe

aumento %

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (euros)

G. IV

NIA

-61,6155,24
NIB-47,3241,06
NII-65,8059,60
NIII-65,8059,60

G. V

NI

-55,2249,48
NII-61,3955,69
NIII-83,6177,77

G. VI

NI

-49,9044,07
NII-71,2965,65
NIII-83,5677,93

G. VII

NI

-104,3198,57
NII-127,52121,86
NIII-161,18155,41

2. Asistencia ambulatoria.

2.1. Primeiras consultas, intervencións cirúrxicas menores e urxencias.

Tarifas máximas por prestación para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Grupos e niveisPorcentaxe

aumento %

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (euros)

G. I

NI

-19,569,78
NII-19,569,78
NIII-19,569,78

G. II

NI

-19,569,78
NII-19,569,78
NIII-29,2810,43

G. III

NI

-19,569,78
NII-24,6510,43

G. IV

NIA

-27,8414,34
NIB-21,3914,34
NII-30,2818,25
NIII-30,1018,25

G. V

NI

-26,0018,25
NII-28,9018,25
NIII-39,1720,86

G. VI

NI

-28,9018,58
NII-33,5418,90
NIII-39,3420,21

G. VII

NI

-49,1321,51
NII-59,4822,81
NIII-73,6124,77

2.2. Consultas sucesivas e revisións:

Tarifas máximas por prestación para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Grupos e niveisPorcentaxe

aumento %

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (euros)

G. I

NI

-9,784,89
NII-9,784,89
NIII-9,784,89

G. II

NI

-9,784,89
NII-9,784,89
NIII-14,645,21

Grupos e niveisPorcentaxe

aumento %

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (euros)

G. III

NI

-9,784,89
NII-12,335,21

G. IV

NIA

-13,927,17
NIB-10,697,17
NII-15,149,13
NIII-15,059,13

G. V

NI

-12,999,13
NII-14,459,13
NIII-19,5910,43

G. VI

NI

-14,459,29
NII-16,789,45
NIII-19,6710,10

G. VII

NI

-24,5710,75
NII-29,7511,40
NIII-36,8112,38

3. Servicios especiais de diagnóstico e tratamento en centros hospitalarios e non hospitalarios.

3.1. Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

O Sergas aboaralles ós pacientes sometidos a tratamento de osixenoterapia domiciliaria con concentradores, en concepto de compensación económica polos gastos de electricidade, a cantidade de 13,59 euros por mes de tratamento. A citada cantidade poderase aboar directamente ó paciente ou ben á empresa subministradora, logo da xustificación do pagamento ó paciente, na facturación mensual presentada por aquela.

3.2. Rehabilitación.

Tarifas máximas para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Por cada mes completo de tratamento en réxime de sesión diaria-78,17

2. Por cada sesión deste tratamento-3,13

3.3. Fisioterapia e logopedia.

Tarifas máximas para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Por cada mes completo de tratamento de fisioterapia ou logopedia en réxime de sesión diaria-91,07

2. Por cada sesión deste tratamento-3,62

3.4. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

Tarifas máximas para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia e neuropediatría-170,21

2. Por cada sesión deste tratamento-6,82

3.5. Hemodiálise por sesión.

Tarifas máximas por sesión de tratamento para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. En centros hospitalarios-122,15

2. Nun club de diálise-118,26

3. En centros satélites con persoal sanitario do Servicio Galego de Saúde-94,15

4. En centro satélite con persoal sanitario da empresa concertada-111,96

5. No domicilio do paciente con máquina-104,05

6. Diálise domiciliaria con máquina a través de club de diálise-104,05

3.6. Hemodiálise por día.

Tarifas máximas por día de tratamento para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Diálise peritoneal ambulatoria continua (DPAC)-38,08

2. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora-66,63

3. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora baixo volume (' 15 l/día)-53,50

4. Diálise peritoneal ambulatoria a través de club de diálise-37,55

5. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático-46,97

3.7. Suplemento de diálise.

Tarifas máximas por sesión de tratamento para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Suplemento por dialización mediante concentrados de bicarbonato:

a) Hemodiálise no domicilio do paciente con máquina

-14,32
b) Resto de hemodiálise-7,72

2. Suplemento por diálise peritoneal ambulatoria con solución de poliglicosa-5,69

Co obxecto da facturación e aboamento dos servicios de hemodiálise a domicilio, diálise peritoneal ambulatoria continua e diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático, as tarifas establecidas no punto anterior para estas prestacións diferenciaranse, dada a súa distinta fiscalidade, nos conceptos que se recollen a continuación:

Euros

1. Hemodiálise a domicilio con máquina:-Material funxible43,66
-Material fixo60,39

2. Diálise ambulatoria continua:
-Material funxible38,08

3. Diálise a domicilio con cicladora:
-Material funxible52,86
-Material fixo13,77

Euros

4. Diálise a domicilio con cicladora baixo volume (' 15 l/día):
-Material funxible42,80
-Material fixo10,70

5. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático:
-Material funxible40,11
-Material fixo6,86

Con independencia da tarifa fixada no punto 3.5., punto 5, por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina, aboaráselle á empresa concertada a cantidade, en pagamento único, de 1.617,32 euros en concepto de gastos pola instalación dos aparellos e exclusivamente para aqueles pacientes que utilicen por primeira vez o tratamento de hemodiálise no seu domicilio.

Polos servicios de diálise peritoneal ambulatoria, prestados no domicilio do paciente a través dun club de diálise, o Sergas aboará, ademais da tarifa por sesión establecida no punto 3.6., en concepto de pagamento único pola formación, e adestramento do paciente nas operacións previas á diálise, unha vez remitido o paciente logo da instalación do catéter polo centro de referencia, a cantidade de 291,12 euros, que se aboarán na facturación do mes seguinte ó do inicio do tratamento.

Así mesmo, na diálise domiciliaria realizada mediante un club de diálise, en concepto de seguimento clínico e controis analíticos rutineiros aboarase a cantidade de 3,01 euros por sesión.

O Sergas aboaralle ó paciente por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina, a cantidade de 4,06 euros por sesión como compensación económica polo consumo de auga e electricidade, aboándose ó paciente, no suposto da diálise peritoneal domiciliaria con cicladora, a cantidade de 11,11 euros mensuais por gastos de electricidade.

3.8. Exploracións mediante tac-scanner.

Tarifas máximas por exploración para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

Por cada exploración con ou sen contraste-87,15

3.9. Exploracións mediante resonancia nuclear magnética.

Tarifas máximas por exploración para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Por cada estudio simple-162,27

2. Por cada estudio dobre-234,39

3. Por cada estudio vascular-234,39

4. Plus de anestesia-90,15

5. Plus de contraste-48,08

3.10. Detección de doadores de órganos e tecidos. Este proceso comprenderá tódalas probas e tratamentos precisos para a xeración de órganos e tecidos.

Porcentaxe

de aumento

Euros

Doador efectivo-5.593,60

4. Asistencia concertada por procesos médicos ou cirúrxicos.

4.1. Litotricia renal extracorpórea.

Tarifas máximas por tratamento completo para o ano 2002.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

Litotricia renal extracorpórea-834,90

4.2. Outros procesos médicos ou cirúrxicos.

Tarifas máximas por tratamento completo para o ano 2002.

ProcesosTarifas médicos propios (A)Tarifas médicos Sergas (A)

Extracción de cataratas618,22559,97

Colecistectomía1.236,441.119,89

Hallux valgus:
-Unilateral

-Bilateral

556,39

763,28

503,98

625,77

Hemorroides494,57447,98

Hernia inguinal unilateral620,24514,80

Hernia inguinal bilateral967,24802,81

Hernia abdominal618,22559,97

Cosartrose (artoplastia total cadeira)2.781,982.519,89

Artroscopia diagnóstica413,50343,21

Artroscopia terapéutica890,20738,87

Ligadura e extirpación de venas varicosas:
-Unilaterais

-Bilaterais

618,22

865,50

559,97

748,31

Fisura e fístula anal (incisión ou escisión)494,57447,98

Síndrome do túnel carpiano504,46456,94

Dupuytren494,57447,98

Hidrocele494,57436,31

Ligadura de trompas346,95287,96

4.3. A División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la concertación de procesos médicos e/ou cirúrxicos distintos ós sinalados nos puntos anteriores de xeito individualizado ós centros privados xa concertados ou non. As condicións económicas e asistenciais quedarán fixadas con carácter previo e reflectiranse nos pregos ou requisitos de contratación.

4.4. A facturación por procesos médicos e cirúrxicos será incompatible coa facturación por estadías.

4.5. A inclusión no concerto dalgún dos procedementos cirúrxicos requirirá, en todo caso, que o centro estea cualificado, de forma provisional ou definitiva, entre os grupos IV ó VII dos establecidos no anexo I

da resolución da Secretaría de Estado para a Sanidade do 11 de abril de 1980.

Artigo 2º.-Revisión de tarifas.

1. As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor desta revisaranse aplicando unha porcentaxe de aumento do 2,6%, seguindo o procedemento establecido no artigo 6º. O incremento terá como límite as tarifas máximas establecidas no artigo 1º.

Esta actualización de tarifas non será aplicable se no texto do concerto se prevé unha cláusula de revisión distinta.

2. Non sufrirán incremento:

-As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde que sexan iguais ou superiores ás tarifas máximas fixadas para o ano 2002.

-As tarifas por prestacións especiais de hospitalización dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde que non estean asimilados ós grupos e niveis recollidos no artigo 1º, punto 1.

-As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde para as distintas prestacións de servicios de diagnóstico e tratamento non incluídos no artigo 1º, punto 3.

3. A revisión das tarifas dos concertos vixentes a 31 de decembro de 2001 será realizada automaticamente polo Sergas, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2002. Para os concertos subscritos con posterioridade ó 31 de decembro 2001 a aplicación da revisión das tarifas será desde a data da súa formalización, agás que nas súas estipulacións se recolla outra cousa.

Nas autorizacións de uso temporais a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante a partir da data de entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas que se autorizen serán as incluídas nela.

Artigo 3º.-Concertos singulares.

1. A División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la subscrición de concertos singulares distintos ós referidos no punto 2.1 da circular nº 1 conxunta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, Secretaría Xeral e Dirección Xeral de Atención Especializada sobre procedemento de concertos de asistencia sanitaria.

2. As condicións económicas dos citados concertos estableceranse con carácter previo, podendo determinarse baixo a modalidade de unidades de producción hospitalaria (UPH), ou outras medidas de actividade asistencial.

3. A revisión das condicións económicas dos concertos singulares vixentes realizarase de acordo co previsto en cada un dos concertos subscritos, tendo en conta o grao de cumprimento dos obxectivos asistenciais pactados en cada caso e da actividade para o ano 2002, na que se incluirán os procesos médicos cirúrxicos que se determinarán en función das necesidades asistenciais.

Artigo 4º.-Delegación.

Delégase nos directores provinciais do Sergas a competencia para o asinamento dos concertos individuais que sexan precisos de hemodiálise e diálise domiciliaria, sen prexuízo das instruccións que ó respecto dicte a División de Recursos Económicos e sen que

en ningún caso poidan superarse as tarifas fixadas nesta orde.

Artigo 5º.-Contratos marco.

Para os efectos do previsto no artigo 159.2º f) do texto refundido da Ley de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, os concertos singulares regulados no artigo 2º da presente orde terán a consideración de contrato marco en relación cos servicios establecidos no artigo 1º, puntos 3.8, 3.9 e 5, sempre que as ditas prestacións figuren na carteira de servicios do centro concertado.

Os contratos-programa anuais dos concertos substitutorios, así como as cláusulas adicionais dos restantes concertos singulares, que se subscriban a partir da entrada en vigor desta orde recollerán o carácter do seu contrato marco.

Constituirán condicións técnico-económicas, de carácter marco, para a contratación das prestacións recollidas no artigo 1º, puntos 3.8, 3.9, e 5, desta orde, as establecidas no propio concerto singular -se as houbese-, as que determine especificamente o Sergas ou, no seu defecto, as xerais establecidas nesta orde.

Artigo 6º.-Normas de procedemento.

Para axiliza-la aplicación desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

1. Con independencia do procedemento de revisión previsto no artigo 3º para os concertos singulares, os directores provinciais do Sergas, no prazo máximo dun mes a partir da data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia, por cada concerto vixente na súa provincia, na que se faga consta-la contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira dereito ó incremento.

O contido desa nota dilixencia comunicarase por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada á que se lle dá un prazo máximo de vinte días para presentar escrito de conformidade, ou, se é o caso, as alegacións que consideren oportunas.

2. Se transcorrido o prazo indicado non se producise ningunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibise escrito de conformidade dela, o director provincial remitirá a nota dilixencia sen asinar á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial emitirá resolución que eleve a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución acompañada dun exemplar da nota dilixencia remitirase á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á Secretaría Xeral, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Orzamentos da División de Recursos Económicos.

3. Se durante o prazo de vinte días se producise escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial elevará o expediente á División de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 7º.-Unidades de control.

As unidades de control de concertos das direccións provinciais velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e, en particular, das que se refiren ó tratamento adecuado dos pacientes da Seguridade Social.

Artigo 8º.-Aplicación.

A aplicación retroactiva desta orde con efectos desde o 1 de xaneiro de 2002 á que se refire o artigo 2º non será aplicable no caso de autorizacións temporais de uso, nas que a tarifa aplicable será a expresamente aceptada pola empresa para o período de vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas autorizadas que poderán ser establecidas en novas autorizacións de uso serán as incluídas nela.

Artigo 9º.-Impostos e taxas.

Nas tarifas indicadas en todos e cada un dos puntos anteriores considéranse incluídos tódolos impostos, taxas e demais cargas legais e especificamente o imposto sobre o valor engadido (IVE), dos servicios gravados con el.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral e o director xeral da División de Recursos Económicos para adoita-las medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade