Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.061

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2002, das direccións xerais de Ordenación Educativa e Formación Profesional e de Centros e Inspección Educativa, pola que se establece unha convocatoria extraordinaria de gracia durante o ano académico 2002-2003 para a avaliación do curso de orientación universitaria mediante probas extraordinarias.

A disposición adicional cuarta da Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que o título de bacharelato unificado polivalente permitirá acceder ó segundo curso do actual bacharelato.

A Orde ministerial do 4 de xuño de 1991 sobre cualificación dos alumnos e condicións de inscrición no curso de orientación universitaria, determina no seu artigo 2º que os alumnos que, trala convocatoria de setembro, tivesen cualificación negativa en máis de tres materias deberán repeti-lo curso na súa integridade. Se o dito número é de tres ou menos, os alumnos poderanse inscribir de novo no curso de orientación universitaria para cursar esas materias.

O Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, polo que se modifica e completa o Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, que aprobou o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establece no seu artigo 12.2º que no ano académico 2001-2002 se implantará, con carácter xeral, o segundo curso de bacharelato e deixará de impartirse o curso de orientación universitaria.

Non obstante, e co propósito de facilitar que o alumnado puidese completa-los seus estudios do curso de orientación universitaria durante o curso 2001-2002, a Orde do 28 de xuño de 2001 (DOG do 24 de xullo) estableceu medidas extraordinarias encamiñadas a tal fin.

O Real decreto 1640/1999, do 22 de outubro, establece na súa disposición transitoria segunda que ata o curso escolar 2002-2003 os alumnos que teñan superado o curso de orientación universitaria poderanse presentar á proba de aptitude para o acceso a estudios universitarios pola súa normativa específica e que, a partir desa data, farano concorrendo por calquera das vías previstas para o actual bacharelato.

A presente resolución ten por finalidade abrir un conxunto de últimas medidas que permitan ó alumnado que se atope nas condicións de repetición parcial establecidas no artigo 2 da Orde ministerial do 4 de xuño de 1991 ser avaliado nas materias que teña pendentes para completa-lo curso de orientación universitaria, con independencia de que estea a seguir, ou non, estudios do segundo curso de bacharelato ou de formación profesional específica.

En consecuencia, e no uso das competencias que lles están atribuídas pola disposición adicional primeira da Orde do 28 de xuño de 2001, estas direccións xerais dictan as seguintes

Instruccións:

1º O alumnado que teña cualificación negativa en tres ou menos materias do curso de orientación universitaria poderá realizar probas extraordinarias de avaliación das materias que teña suspensas, en convocatorias de maio e setembro do ano académico 2002-2003.

2º Autorízanse, con carácter extraordinario, os centros públicos de ensino secundario nos que se impartan ensinanzas de bacharelato para realizar, durante o ano académico 2002-2003, as probas extraordinarias de avaliación ás que se refire o artigo anterior e nas condicións que se establecen no artigo 3º desta resolución.

1. Con carácter xeral, o alumnado que reúna as condicións do artigo 1º realizará as citadas probas extraordinarias de avaliación no centro público de ensino secundario no que se atope o seu expediente académico, ou no instituto de ensino secundario ó que estea adscrito, no caso dos centros privados.

2. Naqueles casos nos que o centro que custodie o expediente non imparta bacharelato o alumno formalizará a súa matrícula nese centro, que comunicará esta circunstancia á correspondente delegación provincial para que designe o centro no que realizará as probas extraordinarias de avaliación.

4º A matrícula deberá formalizarse entre o 4 e o 15 de novembro de 2002, segundo o modelo de solicitude recollido no anexo.

1. Na convocatoria de maio a realización das probas e a súa avaliación levaranse a cabo entre o 1 e o 10 de maio e, na convocatoria de setembro, entre o 1 e o 4 de setembro, correspondendo a cada centro a determinación dos diferentes horarios, dos que fará a pertinente publicidade.

2. A elaboración e avaliación das probas levarase a cabo polos departamentos didácticos dos centros nos que estas se realicen, sendo responsabilidade dos xefes de departamento, das correspondentes materias, a organización desas tarefas, que se efectuarán sen alteración da actividade lectiva do centro.

6º As reclamacións das cualificacións obtidas axustaranse ó establecido no artigo 10 da Orde do 24 de xullo de 1991 (DOG do 28 de agosto). Para estes efectos,

a secretaría de cada centro onde se celebren as probas publicará as cualificacións no seu taboleiro de anuncios ó día seguinte da formalización da acta correspondente.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.

Mar Pérez MarsóAlberto González Armesto

Directora xeral de OrdenaciónDirector xeral de Centros

Educativae Formacióne Inspección Educativa

Profesional