Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.060

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002 pola que se fai pública a relación de centros autorizados para participar no Plan Experimental de Creación de Seccións Europeas nos institutos de educación secundaria e centros públicos integrados convocado pola Orde do 18 de abril de 2002.

A Orde do 18 de abril de 2002 (DOG do 30 de abril) establece o Plan Experimental de Creación de Seccións Europeas destinadas a potencia-la aprendizaxe de linguas estranxeiras nos institutos de educación secundaria e centros públicos integrados.

O artigo 9 da citada orde determina que a autorización de participación nese plan experimental corresponderalle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Unha vez rematado o procedemento establecido nesa convocatoria, segundo os criterios que esa orde determina, cómpre facer pública a relación de centros que son autorizados para a súa participación no plan a partir deste curso 2002-2003.

En consecuencia, en aplicación da habilitación que figura na disposición derradeira da Orde do 18 de abril de 2002, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Autorízase a participación no Plan Experimental de Creación de Seccións Europeas, convocado pola Orde do 18 de abril de 2002, ós centros que se citan no anexo, para impartir no segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria as áreas ou materias e nos idiomas que se sinalan.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

María Pilar del Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional

ANEXO

CentroConcelloÁrea ou materiaIdioma

IES Eugenio López e LópezFerrolEducación plástica e visualFrancés

IES Xulián MagariñosNegreiraFísica e químicaInglés

IES Campo de San AlbertoNoiaFísica e químicaInglés

IES MirafloresOleirosFísica e químicaFrancés

IES de Porto do SonPorto do SonÉticaInglés

IES de SarSantiago de Comp.MúsicaFrancés

IES A PontepedriñaSantiago de Comp.MúsicaInglés

Bioloxía e xeoloxíaInglés

IES Arcebispo Xelmírez ISantiago de Comp.Bioloxía e xeoloxíaFrancés

Educación físicaFrancés

IES de CacheirasTeoFísica e químicaInglés

MúsicaInglés

CPI de Fonte-DíazTouroMúsicaInglés

IES Terra de SoneiraVimianzoFísica e químicaInglés

CPI Tino GrandíoGuntínCiencias sociais, xeografía e historiaInglés

IES Terra de TuronioGondomarTecnoloxíaFrancés

IES de MosMosCiencias sociais, xeografía e historiaInglés

IES Escolas ProvalNigránEducación físicaInglés

IES A Xunqueira IPontevedraEducación físicaFrancés

IES A GuíaVigoMatemáticasInglés

IES de TeisVigoBioloxía e xeoloxíaFrancés