Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.955

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (356/2001).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 356/2001, por instancia de Montserrat García

Martínez, Natividad Rodríguez Pose, María Sol Couceiro Santos, María Cristina Balsa Sánchez, María Nieves López Rodríguez e Isabel Bernardo Seoane, contra a empresa Josefa Pilar Rodríguez García, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

«Fallo que estimando a demanda promovida por Montserrat García Martínez, Natividad Rodríguez Pose, María Sol Couceiro Santos, María Cristina Balsa Sánchez, María Nieves López Rodríguez e Isabel Bernardo Seoane contra a empresa Josefa Pilar Rodríguez García debo condenar e condeno a demandada a que aboe ás actoras, por tódolos conceptos reclamados na demanda, as cantidades seguintes: a Montserrat García Martínez 344.172 pesetas (2.068,52 euros), a Natividad Rodríguez Pose 265.843 pesetas (1.597,75 euros), a María Sol Couceiro Santos 344.172 pesetas (2.068,52 euros), a María Cristina Balsa 344.172 pesetas (2.068,52 euros), a ;María Nieves López Rodríguez 204.411 pesetas (1.228,53 euros) e a Isabel Sánchez Bernardo 344.172 pesetas (2.068,52 euros).

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-

lo recurso, declarándose aquel desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada; definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgado, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Josefa Pilar Rodríguez García, expido e asino esta cédula na Coruña o vintecinco de setembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA