Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.954

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (288/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber: que nos autos número 288/2002 seguidos por instancia de Carlos Alberto Suárez Antelo e outros contra Queixería de San Miguel, S.L. e Fogasa sobre reclamación de cantidades, a magistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 20-9-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Carlos Alberto Suárez Antelo, Clara Castro Suárez, Mª Montserrat Villamor Méndez, Magdalena Codesido Vázquez e Jesús Cutrín Tato, debo declarar e declaro o dereito dos demandantes a percibi-las cantidades reclamadas polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Queixería de San Miguel, S.L., a que, estando e pasando por tal

declaración, lles aboe ós demandantes as seguintes cantidades en concepto de salarios:

TraballadorCantidade

Carlos Alberto Suárez Antelo5.481,23 euros.

Clara Castro Suárez5.481,23 euros.

Mª Montserrat Villamor Méndez5.336,99 euros.

Magdalena Codesido5.481,23 euros.

Jesús Cutrín5.481,23 euros.

Así como debo condenar e condeno a empresa ó aboamento do xuro por mora do 10% anual desde a data do correspondente devengo.

E debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra esta resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, asemade, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade subsidiaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado ó do

importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Queixería de San Miguel, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na Brea, San Miguel de Cerceda, s/n, O Pino, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 20 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado