Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002 pola que se convoca concurso, con intervención de xurado, de ideas a nivel de anteproxectos para a construcción dun auditorio en Redondela (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 02-01-CON-PR-Redondela.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: selección de anteproxectos para as obras de construcción dun auditorio en Redondela (Pontevedra).

b) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: o concurso desenvolverase de acordo coas fases e co calendario establecido no prego de bases (ver número 6 do prego de bases: desenvolvemento do concurso e prazos).

3. Tramitación, procedemento, forma de adxudicación.

Concurso, con intervención de xurado, de ideas a nivel de anteproxectos de acordo co artigo 216 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintecatro mil (24.000) (euros).

5. Garantía provisional.

Exenta.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.

e) Telefax: 981 54 43 43.

f) Data límite de recepción de documentos e anteproxectos para participar: vinteseis (26) días natu

rais contados a partir daquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Destinatarios: os descritos no número 3 do prego de bases.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis días (26) contados a partir daquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de bases.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral.

1. Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2. Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3. Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura de proposicións.

9. Calendario de reunión do xurado.

O xurado reunirase o décimo (10º) día hábil que non coincida en sábado, desde a data límite de presentación da documentación e farase pública a proposta ás 12 horas, na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o décimo cuarto (14º) día hábil que non coincida en sábado contado desde a citada data de presentación da documentación e anteproxectos.

10. Outras informacións.

a) Lingua na que deben redactarse os documentos: galego ou castelán.

b) Criterios que se aplicarán para selecciona-los participantes: os establecidos no prego de bases (ver punto 3 do prego de bases).

c) Criterios que se aplicarán para valora-los anteproxectos: os establecidos no punto 4.3 do prego de bases.

11. Gastos de anuncios.

O importe deste anuncio será aboado, proporcionalmente, polos concursantes que obtiveran premios. (DOG: custo máximo estimativo por liña 9,38 euros).

12. Así mesmo, tamén poderán obterse os pregos relativos a este concurso no seguinte enderezo da Internet:

www.xunta.es/contratacion/resultado.asp/N=1922

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda