1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España).
Teléfono 981 54 49 86, telefax 981 54 47 91.
2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.
3. a) Lugar de execución: A Coruña.
b) Natureza e alcance das obras, opcións, características xerais da obra:
Clasificación CPV (vocabulario común da contratación pública): 45233100-0.
Obra: conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia da Coruña, zona norte, de clave: AC/02/072.02.
Orzamento base de licitación: 8.811.202,15 euros.
Incluídas no proxecto que se xunta como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Prazo de execución eventualmente imposto: 48 meses.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no punto número 1.
Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/. E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, teléfono 981 59 33 85.
6. a) Data límite de recepción das ofertas: 5-12-2002.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no parágrafo 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.
c) Idioma(s): galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado da traducción oficial.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.
b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 16-12-2002, ás 11 horas na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
8. Fianzas e garantías esixidas: esixirase unha garantía provisional do (2%) do orzamento de contrata (176.224,04 euros) e unha garantía definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (352.448,09 euros).
As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas: axustarase ós requisitos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.
11. Condicións mínimas:
a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.
b) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acredita-la súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 15, 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
12. Prazo de validez da proposición: 3 meses consonte o artigo 89 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Variantes: segundo o cadro de características do contrato.
15. Información complementaria:
Tipo de poder adxudicador: Administración rexional/local.
Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
16. Data de envío do anuncio: 14-10-2002.
17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 14-10-2002.
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda