Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.953

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (44/2002).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia, dou fe e testemuña de que no xuízo de faltas nº 44/2002 se dictou a presente sentencia, que na súa parte dispositiva di:

«Que debo condenar e condeno a Venancio Pouso Calo, como autor de responsable dunha falta de estafa á pena dun mes de multa con cota diaria de tres euros e a que indemnice a Jorge Lago Suárez na cantidade de 54 euros que devengará máis os xuros legais e ó pagamento das custas.

Notifíqueselle esta resolución con indicación de que de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación en ámbolos efectos para ante a Audiencia Provincial da Coruña, a interpoñer, se é o caso, perante este xulgado, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Venancio Pouso Calo, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia, vintecatro de setembro de dosu mil dous.

A secretaria

Rubricado