Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.953

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (297/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 297/2002, seguidos por instancia de José A. López Pulleiro, contra Aplicaciones Técnicas de Telecomunicaciones, S.L., sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel

Olmos Parés, dictou sentencia, o 19 de setembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por José Pulleiro, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 1.465,55 euros polos conceptos que se expresan no feito probado desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno á empresa Aplicaciones Técnicas de Telecomunicaciones, S.L. a que estando e pasando por tal declaración lle aboe ó demandante a cantidade de 1.465,55 euros en concepto de salarios.

E debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade nos casos legalmente previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentencia ás partes, facéndolles saber que en contra dela non poden interpor recurso de suplicación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Aplicaciones Técnicas de Telecomunicaciones, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na avda. Calvo Sotelo, 21-2º dta., A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, dezanove de setembro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado