Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.953

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE CHANTADA

EDICTO (64/2002).

Eu, Denise Romero Barciela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Chantada (Lugo), dou fe e testemuño de que nos autos de separación matrimonial que se mencionarán se dictou a sentencia número 64/2002, que literalmente di:

«En Chantada, catorce de maio de dous mil dous.

Vistos por María Fidalgo Fidalgo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Chantada, os presentes autos de xuízo de separación matrimonial, seguidos neste xulgado por instancia de Manuela Eulalia Río Paz, representada pola procuradora María Concepción González Ouro e defendida polo letrado José Capón Capón, ambos designados dos da quenda de oficio, contra Fernando Lozano Benito, declarado en situación procesual de rebeldía, e contra o Ministerio Fiscal; e.... Decido que estimando parcialmente a demanda de separación interposta por Manuela Eulalia Río Paz, contra o seu home, Fernando Lozano Benito, debo decretar e decreto a separación do matrimonio contraído por ambos en Madrid o día 22 de xullo de 1982, cesando a vida común dos cónxuxes e a posibilidade de vincular bens do outro en exercicio da potestade doméstica. Acórdanse as seguintes medidas:

Atribúeselle á muller a garda e custodia dos fillos menores do matrimonio, exercendo ámbolos proxenitores conxuntamente a patria potestade. O pai poderá visita-los fillos e telos na súa compañía as fins de semana alternas, desde as 21 horas do venres ata as 21 horas do domingo, así como a metade das vacacións de Nadal, Semana Santa e verán, correspondéndolle á nai a primeira metade os anos pares e a segunda os impares. Os menores serán recollidos e reintegrados no domicilio materno.

Correspóndelle á muller o uso e desfrute da vivenda familiar, podendo o home retira-lo seu enxoval persoal.

O pai aboará en concepto de alimentos a cantidade de 15.000 pesetas mensuais por cada fillo, é dicir, 30.000 pesetas mensuais (180,3 euros), cantidade que ingresará nos cinco primeiros días de cada mes na conta que sinale para o efecto a muller e que se actualizará cada ano conforme as variacións que experimente o IPC. Os alimentos devengaranse desde a interposición da demanda. Non procede o establecemento de pensión compensatoria a favor da muller. Non procede a expresa imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación, no prazo de cinco días. Unha vez firme esta resolución,

comuníqueselle ó Rexistro Civil no que estea inscrito o matrimonio. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinada e rubricada».

E para que así conste, sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía e en paradoiro ignorado, Fernando Lozano Benito, en cumprimento do disposto no artigo 497.2º, expido e asino este edicto en Chantada, catorce de maio de dous mil dous.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE NOIA