Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente sancionador 9/2002 a Rosa María Álvarez Ferreiro.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 9/2002, seguido de oficio pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, contra Rosa María Álvarez Ferreiro, finalizando este trámite con resolución do expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 9/2002.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-97/502, conta 7, adxudicada a Rosa María Álvarez Ferreiro, rúa Paulo Fabio Máximo, 52-2º C de Lugo e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con data do 7 de febreiro de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 92/2002.

2. Con data do 4 de abril de 2002 efectuouse unha nova inspección á dita vivenda resultando, segundo se reflicte na acta de inspección 359/2002 que non é posible localizar a ninguén nela, observándose indicios de non ocupación habitual.

3. Con data do 11 de febreiro de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento do adxudicatario solicitado ó Concello de Lugo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas.

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado ó Concello de Lugo.

4. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data do 27 de febreiro de 2002 certificado do Concello de Lugo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello non figura inscrita a titular.

-Con data do 21 de febreiro de 2002 certificación de consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA indicando que non se formalizou ningunha póliza de aboamento para o abastecemento de enerxía eléctrica á vivenda.

-Con data do 25 de marzo de 2002 certificación de consumo de auga remitido polo Concello de Lugo, indicando que non figura dado de alta ó servicio nesta vivenda.

5. O artigo 5, letras B e C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «a dedicación das vivendas de protección oficial a usos non autorizados ou a alteración do réxime de uso delas, establecido na cédula de cualificación definitiva» e «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe unha infracción grave.

6. En data 16 de xullo de 2002 dictouse proposta de resolución do meritado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición a Rosa María Álvarez Ferreiro dunha sanción de 601,02 euros de multa, notificada á denunciada en data 31 de xullo de 2002. Concedido prazo de 15 días para presentar alegacións, a denunciada non fixo uso deste dereito.

Feitos probados.

Da práctica dos medios probatorios derívanse os seguintes feitos probados:

Único.-Que Rosa María Álvarez Ferreiro incumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada encóntrase tipificada no artigo 5, letras b e c, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda

que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... b) a dedicación das vivendas de protección oficial a usos non autorizados ou a alteración do réxime de uso delas, establecido na cédula de cualificación definitiva, e c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido, o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3 que se entende por domicilio habitual e permanente, e del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e outro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha

profesión ou pequena industria doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Impoñer a Rosa María Álvarez Ferreiro, unha sanción de 601,02 euros de multa.

Contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 3 de setembro de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo