Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2002 pola que se resolve o concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa para a ocupación de local de dominio público portuario con destino á explotación de bar e aseos públicos no porto de Ortigueira. (Expediente 12-02-C-1).

Por Resolución do 25 de xuño de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 128, do 4 de xullo, convocouse concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa para a ocupación de local de dominio público portuario con destino á explotación de bar e aseos públicos no porto de Ortigueira (expediente 12-02-C-1).

Vista a proposta realizada pola mesa de contratación na que solicita que se declare deserto o concurso dado que non se presentou ningunha oferta.

Esta presidencia

RESOLVE:

Declarar deserto o citado concurso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1994, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia