Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.860

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PONTEVEDRA

CÉDULA de notificación de sentencia (377/2001).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«En nome de El-Rey e pola autoridade que a Constitución me confire, pronunciei a seguinte sentencia:

Na cidade de Pontevedra o seis de maio de dous mil dous.

Vistos por Manuel Pérez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade, os presentes autos de divorcio número 377/2001, seguidos por instancia de María Isabel García Dapena, representada polo procurador dos tribunais Senén Soto Santiago e asistida pola letrada María Teresa Pazos Currás, contra Francisco Javier Martínez San Millán, en situación procesual de rebeldía, e o Ministerio Fiscal.

Decido que estimando a demanda formulada pola representación procesual de María Isabel García Dapena contra Francisco Javier Martínez San Millán,

debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por eles, con tódolos efectos legais inherentes a tal declaración e, en especial, cos seguintes:

1º A atribución da garda e custodia dos fillos menores de idade do matrimonio, Estefanía e Francisco Javier, á nai, María Isabel García Dapena, con patria potestade por ámbolos proxenitores.

2º Recoñéceselle á parte que non convivirá habitualmente cos seus fillos menores, Francisco Javier Martínez San Millán, o dereito de os visitar, comunicar con eles e telos na súa compañía, nos termos e forma que acorden os pais, procurando sempre o maior beneficio para os fillos. En caso de desacordo ese dereito comprenderá:

-Fins de semana alternos, desde as 18 horas do venres ata as 20 horas do domingo.

-A metade das vacacións escolares de Nadal, Semana Santa e verán, os primeiros períodos os anos impares e os segundos os pares.

Debendo recolle-los seus fillos no domicilio da nai e reintegralos a el.

3º Atribúese o uso da vivenda familiar, sita en Pontevedra, rúa Eduardo Pondal número 53-2º B, e enxoval doméstico á esposa, María Isabel García Dapena, e fillos menores de idade do matrimonio que estarán na súa compañía.

4º En concepto de pensión por alimentos para os seus fillos Francisco Javier Martínez San Millán deberá entregar a María Isabel García Dapena a cantidade correspondente ó trinta por cento dos seus ingresos netos mensuais, por meses anticipados, en doce mensualidades ó ano e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, persoalmente, contra recibo, ou na conta corrente que para o efecto sinale a esposa.

5º Acórdase a disolución do réxime económico matrimonial.

Non se fai expresa imposición das custas.

Comuníquese esta sentencia, unha vez que sexa firme, ás oficinas do Rexistro Civil en que conste a inscrición do matrimonio que se disolve.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación, que non suspenderá a eficacia das medidas acordadas e que deberá prepararse ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Francisco Javier Martínez San Millán, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, vintenove de maio de dous mil dous.

O/a secretario/a

Rubricado