Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.861

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (255/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 255/2002, por instancia de María José Vilas Cancela, Ramiro Freire Sánchez e Juan García Chas, contra El Partido de A Coruña, S.L. e El Partido de Barcelona, S.L. sobre resolución de contrato, nos que recaeu sentencia en data 13 de setembro de 2002, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por María José Vilas Cancela, Ramiro Freire Sánchez e Juan García Chas contra as empresas El Partido de A Coruña, S.L. e El Partido de Barcelona, S.L. debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía os litigantes no día de hoxe, condenando á demandada a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da cantidade de 5.231,20 euros, en concepto da indemnización a María José Vilas Cancela, 2.441 euros a Ramiro Freire Sánchez e 2.092,53 euros a Juan García Chas polo mismo concepto.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de

interpoñelo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mandoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa El Partido de A Coruña, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 20 de setembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado