Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.860

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (153/2002).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 153/2002 se dictou esta sentencia, co encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Carballo o 4 de setembro de 2002.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas contra a orde pública, rexistrada baixo o nº 153/2002, tramitada por instancia do axente da Garda Civil co nº de identi

ficación B-82737-D, en calidade de denunciante contra Carlos Veiga Veiga, en calidade de denunciado, do que foi parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo que condeno o denunciado, Carlos Veiga Veiga, como autor dunha falta contra a orde pública, á pena de corenta días de multa cunha cota diaria de seis euros, o que fai un total de douscentos corenta euros, cantidade que deberá ser satisfeita no prazo de dez días desde a firmeza desta sentencia, prevíndoo de que no caso de non a satisfacer e logo de exacción dos seus bens, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime de arresto de fin de semana. Todo iso con expresa condena en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que non é firme e que contra ela poderán interpoñer ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá cetificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Carlos Veiga Veiga, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o nove de setembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PONTEVEDRA