Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.859

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (65-196/2002).

Eu, María Socorro de Álvaro Prieto, secretaria en funcións do Xulgado de Primeira Instancia número

dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado sobre demanda de divorcio nº 65-196/2002, por instancia de Amparo Castro Fernández contra Juan Antonio Rodríguez Abad, se dictou resolución do teor literal seguinte:

«Providencia do maxistrado-xuíz Barrallo Sánchez.

A Coruña, 11 de xuño de 2002.

Dada conta, por presentados os anteriores escritos, únanse, e á vista do exposto neles álzase a suspensión acordada na providencia dictada con data do 2 de maio de 2002.

Tense por desistido a Juan Antonio Rodríguez Abad na súa demanda de divorcio.

Continúese o procedemento respecto da demanda de divorcio interposta pola representación de Amparo Castro Fernández, e para o dito efecto fágaselle saber ó demandado, Juan Antonio Rodríguez Abad, que lle resta o prazo de dezaseis días para comparecer en autos, por medio de avogado e procurador, e contestar á demanda, propoñendo, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de non lle facer máis notificacións que as sinaladas na lei.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de reposición ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles, contados desde o seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 451 e seguintes da Lei 1/2000, de axuizamento civil.

Acórdao e asínao a súa señoría, dou fe».

E para que conste, para os efectos oportunos, e lle sirva de notificación ó demandado Juan Antonio Rodríguez Abad, expido e asino esta resolución na Coruña o 5 de setembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO