Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.802

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (13/2002).

Mª Socorro de Alvaro Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifica que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Marina Susana Seijas Paz, contra Andrés Blanco Díaz, sobre demanda de divorcio número 13/2002, se dictou sentencia o 19 de setembro de 2002, e para a súa notificación ó demandado rebelde, acordouse libra-lo seguinte edicto:

«Sentencia.

Na Coruña o 19 de setembro de 2002, vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e do seu partido, os presentes autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 13/2002, por instancia de Marina Susana Seijas Paz, representada pola procuradora Sara Losa Romero e defendida polo letrado José Lino Gilda Alvite, sendo parte demandada Andrés Blanco García en situación procesual de rebeldía e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que estimando en parte a demanda formulada pola procuradora Sara Losa Romero, debo declarar e declaro a disolución por divorcio, do matrimonio constituído por Andrés Blanco García

e Marina Susana Seijas Paz, celebrado na Coruña o 29 de febreiro de 1976, cos efectos legais que iso leva consigo.

Notifíqueselle a sentencia ó demandado rebelde.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación que se interporá por escrito perante este mesmo xulgado no prazo de cinco días (5) desde a súa notificación e tendo en conta de conformidade co que determina o art. 774 parágrafo 5º que os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentencia non suspenderá a eficacia das medidas que se acordasen nesta. Se a impugnación afectase unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde, Andrés Blanco Díaz, expido esta cédula na Coruña o 23 de setembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado