Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.802

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (572/2001).

Mª Socorro de Álvaro Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de María Begoña Rebón Fuentes, contra Jesús María Fraga Penedo, sobre demanda de divorcio número 572/2001, dictouse sentencia de data 19 de setembro, e para a súa notificación ó demandado rebelde, acordouse libra-lo seguinte edicto:

«Sentencia.

Na Coruña o 20 de setembro de 2002.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio contencioso seguidos neste xulgado co número 572/2001 por instancia de María Begoña Rebón Fuentes representada pola procuradora Nuria Ramón Campos e defendida pola letrada Noemi Rodríguez Vieira, sendo parte demandada Jesús María Fraga Penedo en situación procesual de rebeldía e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que estimando en parte a demanda interposta pola procuradora Nuria Ramón Campos, en nome e representación de María Begoña Rebón Fuentes, contra Jesús María Fraga Penedo, en situación procesual de rebeldía debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Jesús María Fraga Penedo e María Begoña Rebón Fuentes, celebrado na Coruña o 3 de agosto de 1996

con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Queda-lo fillo Iván baixo a garda e custodia da nai, ostentando ámbolos proxenitores a patria potestade.

2. Atribuír a esposa e fillo o uso e gozo do domicilio conxugal e o enxoval doméstico.

3. Establecer a favor do pai o seguinte réxime de visitas:

a) Os sábados primeiro e terceiro de cada mes desde as 11 ata as 14 horas, e en presencia dalgún familiar materno, sen prexuízo de o ampliar en caso de variaren as circunstancias. En tódolos períodos de visitas o pai recollerá e reintegrará o menor no domicilio conxugal.

Durante os períodos vacacionais non estarán vixentes as medidas relativas ó réximen de visitas.

4. Fixar no 25% dos ingresos mensuais que perciba o demandado a cantidade que lle aboará á demandante, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, polo concepto de alimentos para o fillo, cantidades que ingresará na conta que a demandante designe e que será actualizada anualmente con efecto do 1º de febreiro, de acordo coas variacións que experimento o índice de prezos ó consumo.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación por escrito ante este mesmo xulgado no termo de cinco días desde a súa notificación e tendo en conta de conformidade co que determina o artigo 774 parágrafo 5º que os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentencia, non suspenderán a eficacia das medidas que se acordasen nesta. Se a impuganación afectase unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade separación ou divorcio.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Jesús María Fraga Penedo, emito esta cédula na Coruña, 23 de setembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado