Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.803

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (201/2001).

María Socorro de Álvaro Prieto, secretaria, en funcións, do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifica que nos autos seguidos neste xulgado sobre demanda de divorcio nº 201/2001,

por instancia de María Fernanda Piñeiro Seijas, contra Víctor Manuel Sánchez Rodríguez, se dictou sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na Coruña o vintetrés de setembro de dous mil dous. Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e do seu partido, os presentes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co número 201/2001, por instancia de María Fernanda Piñeiro Seijas, representado polo procurador Tovar de Castro e defendido pola letrada Giráldez Sa, sendo parte demandada Víctor Manuel Sánchez Rodríguez, declarado en situación legal de rebeldía, e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que estimando a demanda interposta polo procurador Rafael Tovar de Castro en nome e representación de María Fernanda Piñeiro Seijas, contra Víctor Manuel Sánchez Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Víctor Manuel Sánchez Rodríguez e María Fernanda Piñeiro Seijas, celebrado na Coruña o 12 de abril de 1994, con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento, e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. A filla, Alba, queda baixo a garda e custodia da nai, tendo ámbolos proxenitores a patria potestade.

2. Establecer a prol do pai o seguinte réxime de visitas:-Os sábados primeiro e terceiro de cada mes, desde as 11 horas ata as 14 horas.

3. Fixar no 25% dos ingresos mensuais líquidos que percibe o demandado a cantidade que aboará á demandante, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, polo concepto de alimentos para a filla, cantidade que ingresará na conta que a demandante designe e que será actualizada anualmente con efecto do 1 de febreiro, de acordo coas variacións que experimente o índice de prezos para o consumo.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle ó demandado rebelde, Víctor Manuel Sánchez Rodríguez, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación que se interporá por escrito perante este mesmo xulgado no prazo de cinco días (5) desde a súa notificación.

Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil correspondente, para efectos de practica-las anotacións pertinentes.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos oportunos e sirva de notificación ó demandado rebelde Víctor Sánchez Rodríguez, expido e asino este edicto na Coruña o 23 de setembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA