Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.804

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (139/2001).

No procedemento de referencia dictouse a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 29 de xuño de 2002.

Jorge Gines Cid Carballo, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela tendo visto os presentes autos de xuízo de modificación de medidas con relación a fillos, seguidos co número 139/2001 por instancia de Mª Jesús Costa Pico, representada polo procurador José Martínez Lage e asistida da letrada Mª Jesús Vieito Mayo contra Manuel Jorge García Neira, declarado rebelde nas actuacións.

Dictamino: que estimando a demanda interposta polo procurador Xosé Martínez Lage contra Manuel Jorge García Neira debo acordar e acordo atribuírlle a María Jesús Costa Pico a garda e custodia das menores Natalia e Rosa García Costa. Así mesmo, debo condenar e condeno a Manuel Jorge García Neira a aboarlles, en concepto de pensión alimenticia para cada unha das súas fillas a cantidade de 115 euros mensuais actualizables a un de xaneiro de cada ano de acordo co IPC e que deberá ser pagada dentro dos cinco primeiros días de cada mes. Todo iso sen facer expresa imposición de custas. Esta sentencia non é firme, contra ela pode impoñerse recurso de apelación ante a audiencia provincial, neste mesmo xulgado, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación, por escrito, con sinatura do letrado, na forma prevista nos artigo 457 e seguintes da nova LAC. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentencias. Así,

por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Jorge García Neira, esténdese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, dezanove de setembro de dous mil dous.

O/a secretario/a

Rubricado