Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.804

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (194/2001).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento nº 194/2001 por instancia de Matilde Isabel Rodríguez Castro, contra Sergas, Avelino Agrelo Figueira e outras 89 máis, sobre outra índole, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o vindeiro día 21 de outubro de 2002 ás 9.30 horas, cítase en única convocatoria a Jaime Carballido Romero, Basilio Puñal Villar, Peregrina Chorén Ons, María José Rodríguez Iglesias, Luis Miguel Muñiz Sobrido, Arturo Otero Vázquez, Celia Fandiño Seijo, Manuel Costela Mazorra, Jesús Vázquez Tomé, Sara Vecino Pena, María Elena Vidal Vila, María del Carmen Viña Cancelo e Manuela González Neiro, que tiveron o seu domicilio para efectos de notificacións no Hospital de Conxo, Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro ignorado para que acompañados de tódolos medios de proba de que intenten valerse, comparezan neste xulgado, sito na ría Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo

correspondente. Advírteselles que as sucesivas dilixencias se lles notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselles saber que a copia da demanda está ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación e citación a Jaime Carballido Romero, Basilio Puñal Villar, Peregrina Chorén Ons, María José Rodríguez Iglesias, Luis Miguel Muñiz Sobrido, Arturo Otero Vázquez, Celia Fandiño Seijo, Manuel Costela Mazorra, Jesús Vázquez Tomé, Sara Vecino Pena, María Elena Vidal Vila, María del Carmen Viña Cancelo e Manuela González Neiro, expídese este edicto en Santiago de Compostela, oito de outubro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado